DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30750

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 7 de maio de 2024 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución do programa Espazos de preservación familiar, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213M).

No Diario Oficial de Galicia número 19, do 26 de xaneiro de 2024, a través da Resolución do 12 de xaneiro, da entón Consellería de Política Social e Xuventude, publícase a convocatoria do procedemento de asignación de concerto social para a execución do programa Espazos de preservación familiar, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213M).

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, o 7 de maio de 2024 emítese polo órgano competente a resolución que finaliza o dito procedemento, a Consellería de Política Social e Igualdade de conformidade co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

A epígrafe 7 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 12 de xaneiro de 2024 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 7 de maio de 2024 ditada no procedemento BS213M de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do Programa Espazos de preservación familiar, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, que se xuntará á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 7 de maio de 2024 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

«Resolución do 7 de maio de 2024 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa Espazos de preservación familiar, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213M).

A través da Resolución do 12 de xaneiro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa Espazos de preservación familiar, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213M), para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do citado programa.

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do programa Espazos de preservación familiar, á seguinte entidade, en aplicación dos criterios de selección e preferencia da cláusula O) do anexo I da Resolución do 12 de xaneiro de 2024, publicada o 26 de xaneiro de 2024 no Diario Oficial de Galicia núm. 19.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a entidade presentada ao concerto:

Descrición

Puntuación

A. Calidade do Proxecto técnico

36,50

B. Instalacións nas que se levará a cabo o servizo

7

C. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade

10

D. Experiencia do persoal asignado ao proxecto

3,85

E. Formación do persoal asignado ao proxecto

13,50

F. Experiencia acreditada pola entidade no ámbito da protección á infancia e a adolescencia

10

Total

80,85

Segundo. Adxudicar o concerto social do xeito que a seguir se indica polo importe que se sinala á entidade seguinte:

Entidade:

Asociación Arela e Fundación Meniños, Unión temporal de Empresas Lei 18/1982 Abreviadamente UTE Espazos

NIF:

U16356164

Código de procedemento: BS213M.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 12.1.2024.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 29.2.2028.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución de anualidades

2024 (estimación 7 meses)

2025

2026

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

367.556,04 €

245.037,36 €

612.593,40 €

658.559,02 €

439.039,34 €

1.097.598,36 €

658.559,02 €

439.039,34 €

1.097.598,36 €

2027

2028 (2 meses)

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

658.559,02 €

439.039,34 €

1.097.598,36 €

109.759,84 €

73.173,22 €

182.933,06 €

Total anualidades concerto inicial

2024 (estimación 7 meses) – 2028 (2 meses)

Importes sen IVE

Total FSE+
(concerto inicial)

Total FP
(concerto inicial)

Total FSE+FP

(concerto inicial)

2.452.992,94 €

1.635.328,60 €

4.088.321,54 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024, Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Igualdade»