DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30217

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2024 pola que se dispón a substitución dun vogal da Comisión da Transparencia de Galicia.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, crea, no seu artigo 33, a Comisión da Transparencia de Galicia e atribúelle, no seu parágrafo 2.a), a súa presidencia á persoa titular da institución do Valedor do Pobo.

No exercicio das funcións inherentes á presidencia da dita comisión, e por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública,

RESOLVO:

Primeiro. Que cese Jesús Oitavén Barcala como vogal da Comisión da Transparencia de Galicia en representación da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia.

Segundo. Nomear a José María Barreiro Díaz, director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, como vogal da Comisión da Transparencia de Galicia en representación da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo e presidenta da Comisión da Transparencia