DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30216

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 132/2024, do 20 de maio, polo que se nomea directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a Mª Paz Rodríguez Rivera.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, consonte a disposición transitoria primeira do Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, en relación coa disposición transitoria terceira da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, por proposta da conselleira do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de maio de dous mil vinte e catro,

Nomeo directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a Mª Paz Rodríguez Rivera.

Santiago de Compostela, vinte de maio de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural