Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 89 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.
O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (en diante, Congacode) e prevé que serán vogais do Congacode tres persoas expertas independentes, nomeadas por maioría de dous terzos dos representantes dos axentes de cooperación que integran o Congacode.
O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.
Polo tanto, visto o acordo do Pleno do Congacode do 12 de marzo de 2024, e de conformidade co disposto no número 3 do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,
DISPOÑO:
Artigo único.
1. Cesar como vogais independentes do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, agradecéndolles os servizos prestados, as seguintes persoas:
– Silvana Longueira Matos.
– Emilio Martínez Rivas.
– Carlos Teijo García.
2. Nomear como vogais independentes do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, as seguintes persoas:
– Henar Quintás Salgado.
– Jesús Cendán Verdes.
– Xosé Luis Pastoriza Rozas.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes