DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30213

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 131/2024, do 20 de maio, polo que se dispón que cese Inés Santé Rivera como directora xeral de Desenvolvemento Rural.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de maio de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Que cese Inés Santé Rivera, por petición propia, como directora xeral de Desenvolvemento Rural, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte de maio de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural