DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Coriscada (renovación tecnolóxica), nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) (expediente IN408A 2023/064).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Sistemas Energéticos Mañón Ortigueira, S.A. (CIF A-15592439).

Enderezo social: avenida Fernando Casas Novoa, 35, portal B, planta 2, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Coriscada (renovación tecnolóxica), (expediente IN408A 2023/064).

Concellos afectados: Mañón e Ortigueira (A Coruña).

Potencia que se instalará: 26,40 MW (4 aeroxeradores de 6,6 MW).

Capacidade de acceso: 24 MW.

Produción neta anual: 92.350 MWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.498 horas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Orzamento total (execución material): 27.974.364,59 €.

Localización (área de afección):

Parque eólico Coriscada

ADE

Coriscada-Monte Rande

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Coriscada

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

601.657,22

4.834.454,20

2

600.896,83

4.834.453,80

3

600.995,42

4.835.616,46

4

601.026,48

4.836.550,48

5

601.402,28

4.837.080,06

6

601.822,60

4.837.363,86

7

601.865,18

4.838.457,30

8

602.015,74

4.839.665,28

9

602.539,70

4.840.430,67

10

602.862,85

4.841.045,60

11

603.317,03

4.840.893,18

12

602.928,43

4.839.795,11

13

602.611,96

4.838.969,95

14

602.613,87

4.837.827,61

15

602.222,56

4.836.845,85

16

602.022,05

4.836.528,86

17

602.034,34

4.835.998,39

18

601.750,94

4.835.413,45

19

602.087,91

4.835.153,76

20

602.156,84

4.834.934,18

21

601.324,02

4.833.301,67

22

601.139,00

4.833.301,67

Aeroxerador

Parque eólico Coriscada

(Mañón e Ortigueira)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

CO-01

601.457,05

4.835.100,81

CO-02

601.518,99

4.836.179,16

CO-03

601.867,00

4.836.873,00

CO-04

602.311,09

4.838.722,18

Torre de medición

602.220,00

4.838.355,00

Subestación

Parque eólico Coriscada

(Mañón e Ortigueira)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

601.968,68

4.837.397,04

2

602.012,91

4.837.400,38

3

601.970,80

4.837.368,72

4

602.014,98

4.837.372,08

Obxecto da actuación:

Trátase dunha modificación substancial do parque eólico en funcionamento Coriscada, cuxa vida útil está a chegar ao seu fin, que consiste basicamente en substituír os 40 aeroxeradores actuais de 0,6 MW por catro de 6,6 MW, limitando a potencia máxima xerada a 24 MW sen modificar a infraestrutura eléctrica de evacuación existente.

Características técnicas das instalacións:

• 4 aeroxeradores Siemens Gamesa modelo SG 6.6-170 ou similar, de potencia unitaria de 6,6 MW, con rotor tripá de 170 m de diámetro, altura ata a buxa de 115 m, con velocidade e paso variable e sistema de orientación activo.

• 4 centros de transformación situados no interior do aeroxerador, de potencia unitaria de 7,3 MVA e relación de transformación de 0,690/20 kV, coas correspondentes celas de seccionamento, manobra e protección.

• Unha torre meteorolóxica de medición de tipo celosía de aceiro autoportante de 117 m de altura.

• Rede subterránea de media tensión a 20 kV e liña de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora existente, composta por 3 circuítos con condutores tipo RH5Z1, de 18/30 kV, de diferentes seccións.

• Rede de terra, común para todo o parque eólico, con condutor espido de Cu 50 mm2, formando un circuíto equipotencial de posta á terra.

• Rede de comunicacións, constituída por condutor de fibra óptica que interconectará os aeroxeradores e a torre meteorolóxica co centro de control situado na subestación.

O acceso ao parque eólico realizarase a través da estrada DP-4402 no p.q. 8+395.

As vías interiores para o acceso aos aeroxeradores, á torre de medición e á subestación aproveitarán ao máximo a rede de camiños existentes. As gabias subterráneas en que se dispoñerá o tendido das liñas discorrerán en paralelo ao bordo das vías do parque ou de camiños existentes, sempre que sexa posible.

A enerxía procedente do parque eólico recollerase na subestación transformadora existente de Coriscada, situada en Montecalvelo (Ortigueira). Trátase dunha subestación 20/132 kV en parque de intemperie con aparellaxe convencional illada ao aire e con celas compactas no interior do edificio de control, conectada mediante unha liña de alta tensión aérea, 132 kV, coa subestación de Magazos (Viveiro).

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. Proxecto de execución do parque eólico Coriscada (renovación tecnolóxica) (febreiro 2024, visado 9.2.2024).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. Estudo de impacto ambiental (EIA) do parque eólico Coriscada (renovación tecnolóxica) (asinado 7.2.2024).

Polo exposto, o proxecto faise público, para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 82), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://cei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 13 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña