DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30117

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 8 de maio de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica a Resolución do 3 de maio de 2024 pola que se fai pública a lista anonimizada provisional de admitidos/as e excluídos/as e se abre o prazo para presentar reclamacións en relación co proceso de elaboración das listas conxuntas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A., para a contratación temporal de persoal técnico superior (Diario Oficial de Galicia número 206, do 30 de outubro de 2023).

Mediante a Resolución do 3 de maio de 2024 a Comisión de Selección acordou, de conformidade co disposto na base décimo primeira da convocatoria, facer pública a lista anonimizada provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación da causa de exclusión e da puntuación, e abrir o prazo para presentar reclamacións en relación co proceso de elaboración das listas conxuntas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A., para a contratación temporal de persoal técnico superior.

A listaxe pode consultarse no portal web corporativo do Igape e de Xesgalicia, nos seguintes enderezos:

https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto

https://www.xesgalicia.org/gl/ofertas-y-convocatorias-abiertas

Dáselles un prazo de tres (3) días hábiles ás persoas interesados para presentar as reclamacións que consideren oportunas, prazo que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Neste período de emenda soamente se pode rectificar a documentación achegada, sen que se poida achegar nova documentación.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

Alberto Vivero Fernández
Presidente da Comisión de Selección