DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30118

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024 pola que se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

Pola Resolución do 12 de xaneiro de 2024 (DOG do 23 de xaneiro) convócanse probas selectivas para cubrir unha praza na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna. No punto 5.1 da citada convocatoria establécese que o tribunal cualificador será nomeado mediante resolución reitoral que se publicará no DOG. De conformidade con isto, resolvo nomear o seguinte tribunal cualificador.

• Tribunal titular:

Presidenta: Maruxa Casal Reyes, persoal directivo profesional da USC.

Vogais:

– Elsa María Mosquera Barcia, funcionaria de carreira da escala técnica superior da USC.

– Luisa Ferreiro Couselo, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC.

– José Ramón Blanco Álvarez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC.

Secretario: Alberto Mariño Ruza, funcionario de carreira da escala técnica superior da USC, que actuará con voz e voto.

• Tribunal suplente:

Presidenta: Silvia María Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior da USC.

Vogais:

– Félix Navaza Aller, funcionario de carreira da escala de xestión da USC

– Javier Piñeiro Quintela, funcionario de carreira da escala de xestión da USC

– Catuxa Lombao Vázquez, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC

Secretario: José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela