DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/008-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 19.12.2022 polo enxeñeiro técnico industrial César Méndez Lorenzo, colexiado núm. 1350 do Coeticor, e visado o mesmo día polo citado colexio orofesional co número 1962-22-ST.

Solicitante: Concello de Ourense (CIF P3205500F).

Enderezo: praza Maior, 1, 32005 Ourense.

Denominación: LMTS-CT (630 kVAS) Praza de Abastos.

Situación: praza de Abastos, concello de Ourense.

Orzamento: 72.525,73 €.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV, de 75 m de lonxitude, en condutor RHZ1 20L 2×(3×240Al) con orixe na LMT existente BBA804 da empresa distribuidora, no tramo entre a subestación eléctrica Barbaña e o CT 32CAJ1, e remate no CT praza de Abastos proxectado.

CT praza de Abastos proxectado, coa instalación das seguintes celas compactas de illamento en SF6, tipo 2L1P e transformador de 630 kVA e RT 20/0,42 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 3 de novembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense