DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.95578).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Ramón Ramos Rey.

DNI: ***6580**.

Expediente: DH.A36.95578.

Volume total anual: 4.763,25 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,89 l/s.

Destino: uso doméstico e gandeiro.

Orixe: 1 pozo e 2 mananciais.

Lugar: O Fieitoso.

Parroquia: Curantes.

Concello: A Estrada.

Descrición do aproveitamento:

Realízase a captación de dous mananciais na parcela 36017X505001070000AR mediante escavación horizontal duns 3 m de longo e 2 m de fondo con tubo de drenaxe, e dun pozo de barrena na 36017X506001350000AY, cunha profundidade duns 30 m, e na súa condución a un depósito na parcela 110, desde o cal se alimenta a vivenda e a explotación que se vai abastecer na parcela 135.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro