DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29715

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 105, do 7 de maio de 2024, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión dunha praza de auxiliar xerocultor/a para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, dependente do Concello de Sarria, incluída na oferta pública de emprego (OPE) do ano 2022, con persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición por quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do organismo autónomo: https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal

Sarria, 7 de maio de 2024

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde