DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29716

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Toques

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para a delimitación dun ámbito de solo urbanizable industrial, por acordo adoptado en sesión ordinaria de Pleno que tivo lugar o 15 de abril de 2024, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello https://sede.toques.es

Quedan suspendidas as licenzas para a área afectada por esta modificación do Plan xeral de ordenación municipal.

A duración da suspensión é de dous (2) anos, aínda que se extinguirá de maneira automática cando se aprobe de maneira definitiva esta modificación do Plan xeral de ordenación urbana.

Toques, 22 de abril de 2024

José Ángel Penas García
Alcalde