DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29709

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico (parcela coa referencia catastral 5456929NH2855N0001XM; expediente 2023/U039/00021).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 8 de abril de 2024, acordou aprobar o texto inicial do Convenio urbanístico de xestión entre o Concello de Carballo e os titulares da parcela coa referencia catastral 5456929NH2855N0001XM para a tramitación da cesión anticipada desta, coa finalidade de ampliar o centro de saúde de Carballo e transformalo nun novo centro integral de saúde (CIS) para a comarca de Bergantiños, de acordo co disposto no artigo 129.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Polo que se somete o texto do dito convenio ao trámite de información pública por un prazo dun (1) mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o documento e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

O documento estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica deste concello (no taboleiro de anuncios na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/).

Carballo, 12 de abril de 2024

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde