DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29710

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente UME/2022/374).

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/ 2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

Nº de expediente

Referencia catastral

Propietario

UME/2022/374

0167224NH5906N

Juan Ramos Barbeito

UME/2022/374

9967514NH5906N

Promociones Antonio Ares Pardo, S.L.

UME/2022/374

0167206NH5906N

Francisco Coto Castro

Culleredo, 22 de abril de 2024

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente