A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 8 de abril de 2024, acordou aprobar o texto inicial do Convenio urbanístico de xestión entre o Concello de Carballo e os titulares da parcela coa referencia catastral 5456927NH2855N0001RM para a tramitación da cesión anticipada desta, coa finalidade de ampliar o centro de saúde de Carballo e transformalo nun novo centro integral de saúde (CIS) para a comarca de Bergantiños, de acordo co disposto no artigo 129.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Polo que se somete o texto do dito convenio ao trámite de información pública por un prazo dun (1) mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o documento e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.
O documento estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal, en horario das 10.00 ás 13.00 horas e na sede electrónica deste concello (no taboleiro de anuncios na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/).
Carballo, 12 de abril de 2024
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde