DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de abril de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, sobre suspensión dun procedemento expropiatorio, no concello de Cerceda (expediente IN408A 2018/27).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo o Acordo da xefatura territorial, do 8 de abril de 2024, polo que se declarou a suspensión do acto de levantamento das actas previas á ocupación previsto para os días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de abril de 2024 e a conseguinte paralización do procedemento expropiatorio para a construción das instalacións do proxecto do parque eólico Meirama, no concello de Cerceda (expediente IN408A 2018/27), do que é promotora a entidade Naturgy Renovables, S.L.U.

Esta suspensión obedece á existencia do auto ditado pola Sección 3ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 14 de marzo de 2024, en que se acorda a medida cautelar de suspensión da executividade da Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do 18 de abril de 2023, pola que se outorgan a autorización administrativa previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Meirama.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 30 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/27.

Entidade beneficiaria: Naturgy Renovables, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Meirama.

Concello: Cerceda.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

3

Entre Camiños

22

263

Jesús Barbeito Moscoso e Rosa Grela Gende

23

Berdoedo

22

33

Herdeiros de María Gende Eirís

31

Berdoedo

22

32

Herdeiros de María Gende Eirís

56

Berdoedo

22

418

Encarnación Castro Bello