DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio 65 da LAT 66 kV DC Lourizán Cangas II, no concello de Bueu.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócanse a persoa interesada no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio 65 da LAT 66 kV DC Lourizán Cangas II, no concello de Bueu, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado, ou representada por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 30 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/326-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do apoio 65 da LAT 66 kV DC Lourizán Cangas II.

Concello: Bueu.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36004A036005880000QS

Esculca

Descoñecida

4 de xullo de 2024

12.00