DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Baleira (expediente IN407A 2023/08-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: adecuación CT Albaredo-27C508 (Baleira), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por sí mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 26 de abril de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Denominación: adecuación CT Albaredo-27C508.

Expediente: IN407A 2023/08-2.

Convocatoria de levantamento de actas previas: concello de Baleira.

Predio

Propietario

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Apoio cantidade

Sup. (m²)

Voo (lonx.)

Voo (sup m²)

Data do acto

Hora do acto

Concello

1

Fiscal Audiencia Provincial (representa a: Xunta Veciñal de Albaredo)

89

126

Cantrocal

Monte alto

 

 

 

3

42

19.6.2024

10.30

Baleira

2

Fiscal Audiencia Provincial (representa a: Xunta Veciñal de Albaredo)

89

135

Pena Chá

Monte alto

70-77-CT

1

10

5

86

19.6.2024

10.30

Baleira