DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 28968

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024 pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia e os requisitos para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para a celebración de festivais de música profesionais no ano 2024 (código de procedemento CT302A).

A política cultural e turística do Goberno de Galicia está demostrando que os recursos culturais poden converterse en produtos rendibles, sustentables, innovadores e xeradores de riqueza, engadindo valor á oferta turística da nosa comunidade e potenciando a imaxe de Galicia alén do noso territorio.

Os festivais de música de carácter profesional organizados por empresas privadas xeran emprego e invisten no territorio, poñen en valor as industrias culturais e creativas, son factor de riqueza á vez que proxectan Galicia como destino musical achegándolle visibilidade e atraendo visitantes.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), en cumprimento da súa lei de creación, ten como obxectivo xenérico o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos eficientes e estables.

A Agadic ten como finalidade incrementar o posicionamento da industria cultural galega e o seu fomento e promoción, para acadar maior presenza no ámbito nacional e internacional de Galicia, e contribuír á promoción do Xacobeo, como marca identificativa de Galicia, recoñecida universalmente e vinculada ao Camiño de Santiago e á celebración dos anos santos.

Unha das fórmulas de promoción que mellor retorno sobre o investimento xera é o patrocinio de grandes eventos de todas as índoles: culturais, artísticos, deportivos e outros. Por esta razón os entes de promoción e os gobernos en xeral deciden apoiar economicamente este tipo de eventos, pola importante repercusión mediática que xeran, de tal xeito que, en moitos casos, o investimento económico chega a multiplicarse de forma exponencial en función da importancia do evento.

É, polo tanto, necesario apoiar aquelas actividades singulares que se desenvolvan dentro da Comunidade e que axudan a prestixiar o destino Galicia como foco de creación, exhibición e difusión cultural e, sobre todo, contribuír á promoción internacional dos nosos creadores.

Co obxectivo principal de promover a industria cultural galega, naceu o programa de apoio aos festivais de música baixo a marca Fest Galicia. Este proxecto ten por obxectivo crear valor engadido nos festivais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector. A marca acolle unicamente festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan de achegar valores engadidos á experiencia musical.

Polo tanto, esta convocatoria parte da necesidade de determinar a adhesión á marca Fest Galicia dos festivais de carácter profesional que se celebrarán en Galicia no ano 2024 e as empresas privadas que teñen a capacidade legal, técnica e financeira para a súa organización, coas cales se formalizará o correspondente contrato de patrocinio privado.

Esta convocatoria, tanto para a adhesión á marca Fest Galicia como para a formalización de contratos privados de patrocinio con entidades privadas organizadoras dos festivais, está suxeita aos principios de publicidade, transparencia, cooperación e eficiencia da utilización dos recursos públicos. A participación na convocatoria supón a aceptación dos termos e condicións establecidos nela, que se anexan a esta resolución.

A tramitación dos expedientes realizarase de acordo co establecido no anexo I (pregos de condicións xerais e técnicas do patrocinio) desta resolución.

Polo exposto, a Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar os pregos de condicións xerais e técnicas que deben rexer a adhesión á marca Fest Galicia e a tramitación dos expedientes de contratación que deriven das solicitudes de patrocinio con entidades privadas que organicen festivais de música profesionais no ano 2024.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución e dos anexos que a acompañan.

Terceiro. Esta resolución terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o director da Agadic no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Pregos de condicións xerais e técnicas que deben rexer a adhesión á marca
Fest Galicia para a temporada 2024 e a realización de contratos de patrocinio
con entidades privadas para a realización de festivais de música profesionais

1. Ámbito, obxecto e finalidade.

O obxecto desta convocatoria é determinar os requisitos para a adhesión á marca Fest Galicia dos festivais de música profesionais que se celebren en Galicia durante o ano 2024 e establecer as condicións para poder optar a un contrato de patrocinio.

A finalidade da realización da convocatoria é difundir a imaxe de Galicia vinculada aos festivais de música organizados por entidades privadas, que, pola súa singularidade, importancia e relevancia en canto ao público que participe e a súa repercusión nos medios de comunicación, supoñan unha vía para dar publicidade ás marcas Xunta de Galicia, Fest Galicia e Xacobeo, segundo os respectivos manuais de identidade corporativa vixentes. Polo tanto, o elemento fundamental do contrato de patrocinio é a repercusión mediática que estes eventos proporcionan ás marcas descritas.

2. Ámbito subxectivo.

Esta convocatoria vai dirixida ás empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a súa produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora e amosen a súa capacidade legal, técnica e financeira para a organización do festival para o cal se solicita a colaboración. O festival, como requisito previo, deberá contar coa adhesión á marca Fest Galicia. Esta colaboración formalizarase a través do correspondente contrato de patrocinio privado.

Para os efectos desta convocatoria enténdese por empresa produtora a empresa promotora do festival, baixo cuxa responsabilidade e medios se desenvolve toda a xestión e produción do evento.

Esta convocatoria parte da base de que son as empresas promotoras do festival as que asumen toda a organización e as responsabilidades dela derivadas, solicitando a colaboración institucional para a súa celebración, xa que consideran que os eventos que organizan poden ter repercusión na estratexia cultural e turística de Galicia, entendendo que a achega pública mellora a rendibilidade, en concepto de imaxe e notoriedade.

Polo tanto, correspóndelle á entidade responsable do festival patrocinado a obriga de obter as oportunas autorizacións, permisos e licenzas, así como a obtención dos dereitos derivados da propiedade intelectual xerados como consecuencia da execución dos festivais, correndo pola súa conta o aboamento de tales dereitos e respondendo fronte aos titulares pola súa utilización ilexítima.

3. Principios xerais da convocatoria.

Esta convocatoria, tanto para a adhesión á marca Fest Galicia como para a formalización de contratos privados de patrocinio con entidades privadas organizadoras dos festivais, está suxeita aos principios de publicidade, transparencia, cooperación e eficiencia na utilización dos recursos públicos. A participación na convocatoria supón a aceptación dos termos e condicións establecidos nela.

4. Requisitos de adhesión á marca Fest Galicia.

Fest Galicia é a marca creada para difundir os festivais de música profesionais que se celebran en Galicia que teñen un carácter singular, entendendo como tales, aqueles que presentan características especiais e diferenciadoras respecto ao resto de eventos de tipoloxía similar. Búscase amosar a diversidade e a pluralidade do talento musical, apoiando a descentralización dos festivais por todo o territorio de Galicia, para achegar a cultura musical a públicos diversos e lugares especiais, o que contribúe a impulsar a súa notoriedade e impacto mediático.

4.1. Requisitos xerais.

Para poder adherirse á marca Fest Galicia e poder optar a esta convocatoria, os festivais de música, ademais de sometérense á normativa básica en materia de espectáculos públicos e demais lexislación aplicable, deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Estar adherido anteriormente a Fest Galicia.

• Celebrarse entre o 15 de maio e o 30 de setembro de 2024, ambos os dous días incluídos.

• Poñer á venda, ao público xeral, conforme prezos de mercado, un mínimo do 95 % da súa capacidade.

• Ter un orzamento de execución na edición do ano 2023 superior aos 100.000,00 euros, máis o IVE.

• Programar un mínimo de dous artistas de Galicia.

• Estar adherido ao programa Carné Xove da Xunta de Galicia.

• Estar promovido por unha empresa privada.

4.2. Categorías de adhesión.

– Categoría 1.

Para poder adherirse a esta categoría, ademais dos requisitos xerais especificados na epígrafe anterior, os festivais de música profesionais deberán cumprir os seguintes:

• Adhesión á marca Fest Galicia dun mínimo de catro edicións, agás aqueles que teñan lugar nas provincias de Ourense ou Lugo, en que o mínimo de edicións adherido será de tres.

• Realización de dez edicións do festival, agás aqueles que teñan lugar nas provincias de Ourense ou Lugo, en que o número de edicións será de cinco.

– Categoría 2.

Para poder adherirse a esta categoría, ademais dos requisitos xerais especificados na epígrafe anterior, os festivais de música profesionais deberán cumprir os seguintes:

• Adhesión a dúas edicións de Fest Galicia.

• Realización de cinco edicións do festival.

– Categoría 3.

Para poder adherirse a esta categoría, ademais dos requisitos xerais especificados na epígrafe anterior, os festivais de música profesionais deberán cumprir os seguintes:

• Adhesión a unha edición de Fest Galicia.

• Realización dun mínimo de dúas edicións do festival.

4.3. Obrigas do patrocinado.

Os festivais de música que, cumprindo os requisitos de adhesión a Fest Galicia sexan seleccionados en calquera categoría e, polo tanto, resulten beneficiarios dun contrato de patrocinio publicitario deberán cumprir as seguintes prestacións:

a) Presenza das marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia acompañadas do texto «Co patrocinio de» na publicidade do festival, nos medios e nas accións de promoción e comunicación: cartelaría, roldas de prensa, materiais audiovisuais, anuncios ... A colocación das marcas terá que ser aprobada pola Agadic con anterioridade á produción dos materiais.

b) Participación nunha presentación pública conxunta de todos os festivais adheridos ademais da presentación propia de cada festival patrocinado.

c) Reserva dun espazo para a presenza nun lugar destacado dun posto das marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia, cunha superficie mínima de 15 m2 no cal se desenvolvan actividades no festival e no cal se difunda a/as campaña/s que a Agadic considere de interese.

d) Ofertar descontos ás persoas titulares do Carné Xove da Xunta de Galicia.

e) Poñer á disposición da Agadic 10 abonos/entradas para sorteo en redes sociais.

5. Orzamento da convocatoria.

Esta convocatoria ten un orzamento total máximo de 450.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.640.1, proxecto 2013 00005, dos orzamentos xerais da Axencia Galega das Industrias Culturais para o ano 2024.

Segundo a categoría a que se vincula o festival que solicita a adhesión a Fest Galicia, os importes máximos do patrocinio son os seguintes:

Categoría

Importe máximo do patrocinio sen IVE

IVE 21 %

Importe máximo do patrocinio, IVE incluído

Categoría 1

57.851,24 €

12.148,76 €

70.000,00 €

Categoría 2

33.057,85 €

6.942,15 €

40.000,00€

Categoría 3

16.528,93 €

3.471,07€

20.000,00 €

Este patrocinio é incompatible con calquera outro patrocinio da Xunta de Galicia e/ou das súas entidades dependentes para o mesmo proxecto ou unha parte del, porén é compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

6. Solicitude, forma de presentación e prazo de presentación de solicitudes.

6.1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
http://sede.xunta.gal, e tramitaranse por orde de entrada do rexistro.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

6.2. As persoas solicitantes deben presentar a solicitude de adhesión á marca Fest Galicia e de patrocinio, segundo o modelo do anexo II, e irá acompañada dos documentos que se especifican na base sétima, así como cumprir cos requisitos establecidos na base cuarta desta convocatoria.

O anexo II inclúe as seguintes declaracións responsables:

a) Que o evento cumpre a normativa vixente neste tipo de actividades e conta cos permisos ou autorizacións administrativas que correspondan, así como coas pólizas de seguros e responsabilidade civil necesarias.

b) Que a entidade patrocinada asume, de forma expresa, a responsabilidade fronte a terceiros, participantes ou espectadores de calquera incidencia que puidese derivar da celebración do festival, mantendo indemne a Agadic destas circunstancias.

6.3. O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Documentación complementaria.

7.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

7.1.1. Documentación administrativa relacionada coa entidade solicitante:

a) DEUC, documento europeo único de contratación, que confirma que o operador económico cumpre as condicións seguintes:

– Que cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

– Que non se encontra en ningunha das situacións de exclusión ou posible exclusión previstas na normativa de contratos (prohibicións de contratar).

– Que cumpre os criterios de selección pertinentes (os criterios de solvencia).

Pode accederse ao formato electrónico en:

https://visor.registrodelicitadores.gob.es/espd-web/filter?lang=es 

O formulario, dispoñible en castelán poderá, nese sitio, cubrirse e imprimirse para enviar ao órgano de contratación xunto co resto da oferta.

Tamén pode accederse ao formulario DEUC na web da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, na epígrafe da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, en formato odt:

– Versión en galego:

https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-de-contratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion

– Versión en castelán:

https://www.conselleriadefacenda.gal/es/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-de-contratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion

Para facilitar a súa elaboración, pode consultar as instrucións para completar o formulario DEUC no anexo III.

b) Declaración complementaria ao DEUC que figura como anexo IV desta resolución.

c) Memoria que acredite as razóns técnicas ou artísticas ou os motivos polos que só poida encomendarse a un empresario determinado para xustificar a non competencia por razóns técnicas de conformidade co establecido no artigo 168.a).2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

7.1.2. Documentación técnica.

As persoas solicitantes terán que presentar:

a) Anexo V co resumo da súa proposta técnica onde especificarán cales serían as contraprestacións das relacionadas nestes pregos así como calquera outra documentación complementaria á súa proposta técnica.

Tamén conterá a memoria do festival, cun máximo de 25 páxinas, na cal se recollan de xeito detallado os seguintes aspectos:

• Descrición do festival.

• Lugar de celebración.

• Antecedentes, traxectoria, historia.

• Perfil do público a que se dirixe.

• Obxectivos xerais e específicos que se queren acadar con este festival.

• Programa do festival.

• Artistas de Galicia.

• Beneficios que reportará ás marcas, explicando as contraprestacións de conformidade co exixido nestes pregos.

• Plano do recinto ou lugar onde se desenvolve o festival, indicando a situación prevista das marcas.

• Entidades implicadas (indicar as entidades, tanto públicas como privadas, que avalan ou colaboran no desenvolvemento do festival).

• Xustificante de adhesión ao Carné Xove da Xunta de Galicia.

• Porcentaxe de desconto e entradas postas á disposición dos titulares do Carné Xove da Xunta de Galicia.

7.2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

7.3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7.4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7.5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

8. Comprobación de datos.

8.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– NIF ou NIE da persoa solicitante.

– NIF ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

8.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

8.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

8.4. No caso de que as actuacións de oficio, levadas a cabo pola Agadic, desen como resultado que a persoa solicitante ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

10. Acreditación da solvencia.

As empresas privadas organizadoras dos festivais de música que reúnan os requisitos desta convocatoria e queiran optar a ela deberán acreditar a súa solvencia económica ou financeira e técnica conforme o seguinte:

10.1. Acreditación da solvencia económica ou financeira.

Como requisito de solvencia económica ou financeira, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun seguro de responsabilidade civil vixente ata un mes despois da data de finalización da actividade patrocinada, en aplicación do disposto na Lei 8/2017, do 27 de decembro, de espectáculos de Galicia. Os capitais mínimos que deberá cubrir serán os establecidos no artigo 8 do Decreto 226/2022, do 22 de decembro, polo que se regulan determinados aspectos do desenvolvemento de espectáculos públicos.

A acreditación deste requisito efectuarase por medio do certificado expedido pola entidade aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro.

10.2. Acreditación da solvencia técnica.

Como requisito de solvencia técnica as persoas solicitantes deberán dispoñer de experiencia na prestación de servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato.

A solvencia técnica acreditarase pola realización de, polo menos, un traballo consistente na organización de festivais musicais de pago, durante os últimos dous anos e por un importe unitario polo menos igual ou superior aos 100.000€ (sen IVE), indicando o importe, a data e as características do evento.

11. Procedemento administrativo para a formalización dos patrocinios privados.

As entidades privadas organizadores de festivais de música profesionais que cumpran os requisitos fixados na base 4ª da convocatoria e resulten seleccionadas serán obxecto dun contrato de patrocinio.

O contrato de patrocinio é un contrato privado, de conformidade co disposto no artigo 26 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e caracterízase pola posibilidade de subscribilo con entidades privadas organizadoras de festivais musicais que pola súa magnitude garantan o retorno mediático que busca o patrocinador; isto é o que posibilita que sexa o procedemento negociado sen publicidade do artigo 168.a).2ª da LCSP, por razóns técnicas ou artísticas, ou por motivos relacionados coa protección de dereitos de exclusiva, que o contrato só poida encomendarse a un empresario determinado. É por isto que as persoas solicitantes deberán achegar unha declaración responsable que acredite as razóns técnicas e artísticas ou os motivos por que soamente se pode encomendar a unha empresaria determinada.

Para a execución do procedemento, constituirase unha comisión técnica e de negociación, formada pola persoa responsable do Departamento de Música e Danza, a persoa responsable da sección xurídica da Agadic e unha persoa do elenco técnico da Axencia Galega de Industrias Culturais, que se encargarán da revisión da documentación.

11.1. Fase administrativa: revisión da documentación administrativa.

A comisión técnica e de negociación examinará a documentación administrativa.

No caso de que sexa necesaria a emenda dalgún documento de carácter administrativo, requirirase á entidade interesada a documentación administrativa que falte e concederáselle un prazo de 3 días hábiles para a presentación da documentación requirida, coa advertencia expresa de que, en caso de non facelo así, se considerará desistida e arquivarase a súa solicitude, segundo o que dispón o artigo 68 da Lei 39/2015.

O requirimento da documentación realizarase por medios electrónicos, de forma que quede constancia no expediente.

11.2. Fase técnica: revisión da documentación técnica.

Unha vez finalizada a revisión da documentación administrativa, a comisión levará a cabo a revisión da proposta técnica de todos aqueles solicitantes que presentasen correctamente a documentación administrativa, ou a emendasen de xeito correcto, para determinar o cumprimento ou non dos requisitos técnicos exixidos de acordo co que se establece nestes pregos.

11.2.1. Fase de valoración.

Co fin de optimizar os recursos existentes e para poder realizar unha asignación máis equitativa, establécese un importe máximo do patrocinio por entidade en función da categoría en que se solicita a adhesión, que se modulará conforme as seguintes contraprestacións:

Contraprestacións ofertadas

Categoría 1

Categoría 2

Categoría 3

Importe máximo patrocinio 70.000 €

Importe máximo patrocinio 40.000 €

Importe máximo patrocinio 20.000 €

1. Naming e imaxe do escenario Fest Galicia

Importe máximo 30.000 €

Importe máximo 13.000 €

Importe máximo 8.000 €

Escenario principal

30.000,00 €

13.000,00 €

8.000,00 €

Escenario secundario

15.000,00 €

6.000,00 €

4.000,00 €

2. Visibilización das marcas no/s recinto/s do festival e na web

Importe máximo 15.000 €

Importe máximo 10.000 €

Importe máximo 5.000 €

Bandeirolas ou elementos de visibilización, coas marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia

5.000,00 €

5.000,00 €

2.000,00 €

Pulseiras, coas marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia

5.000,00 €

3.000,00 €

2.000,00 €

Campaña de publicidade na páxina web do festival (banner), coas marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia

5.000,00 €

2.000,00 €

1.000,00 €

3. Programación de artistas de Galicia

Importe máximo 10.000 €

Importe máximo 7.000 €

Importe máximo 4.000 €

3 ou máis artistas de Galicia

0,00 €

0,00 €

4.000,00 €

De 3 a 4 artistas de Galicia

0,00 €

4.000,00 €

0,00 €

Máis de 4 artistas de Galicia

0,00 €

7.000,00 €

0,00 €

De 3 a 5 artistas de Galicia

6.000,00 €

0,00 €

0,00 €

6 ou máis artistas de Galicia

10.000,00 €

0,00 €

0,00 €

4. Publicidade e difusión do festival en medios online e offline

Importe máximo 15.000 €

Importe máximo 10.000 €

Importe máximo 3.000 €

Campaña de publicidade en redes sociais, con contidos nas diferentes redes sociais do festival etiquetando as marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia

ata 10.000 €

ata 6.000,00 €

ata 2.000,00 €

Campaña de publicidade en medios de comunicación convencionais, coas marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia

ata 5.000 €

ata 4.000,00 €

ata 1.000,00 €

No caso de existir máis dun escenario, a proposta deberá aclarar cal é o escenario obxecto de patrocinio, que será valorado pola Agadic. En todo caso, a proposta deberá determinar os elementos de visibilización do escenario (cobrepeas, corpóreos, frontais, etc).

O valor final do patrocinio determinarase en función da dispoñibilidade orzamentaria, do importe solicitado e do orzamento do proxecto en que se describen as contraprestacións ofertadas segundo o cadro anteriormente exposto.

As contraprestacións ofertadas segundo os números 1, 2 e 3 terán a consideración de automáticas, polo que a súa realización implicará a contía máxima expresada no cadro anterior.

As propostas descritas no punto catro serán valoradas pola comisión técnica e de negociación en función do súa oferta cos límites máximos establecidos no cadro.

Se como resultado destas valoracións, se excede do crédito global destinado a esta convocatoria realizarase unha repartición proporcional ata o límite orzamentario asignado a esta.

En todos os casos, os importes a que se fai referencia nesta epígrafe inclúen os impostos.

11.2.2. Fase de negociación.

Unha vez valorada a solicitude presentada convocarase a entidade solicitante para unha reunión de negociación previa á adxudicación e formalización do contrato, en que se tratarán, entre outros asuntos, a oferta presentada pola entidade solicitante en relación cos criterios de valoración e as contraprestacións propostas das marcas e o importe que se propón para a adxudicación.

Na fase de negociación poderase intentar lograr unha mellora ou aclaración da proposta, no que respecta ás contraprestacións ofertadas. Para estes efectos, a comisión poderá convidar as persoas solicitantes a negociar a proposta presentada, indicando os aspectos de negociación previstos e poñendo no seu coñecemento as características e vantaxes da súa proposición.

As persoas solicitantes poderán presentar nun prazo de tres días a súa contestación, que poderá reformular ou mellorar os termos da súa oferta inicial ou indicar que se mantén nos termos orixinais.

Unha vez revisado que a proposta se axusta ás bases da convocatoria, a comisión daralle traslado dos resultados ao órgano de contratación, xunto co expediente correspondente á fase de negociación e o informe técnico coa valoración das ofertas presentadas.

11.3. Adxudicación e formalización do patrocinio.

Unha vez aceptada a proposta da comisión, a Agadic requirirá as persoas interesadas para que dentro do prazo de 10 días hábiles presenten a documentación acreditativa do cumprimento de requisitos previos:

a) A personalidade xurídica do empresario e, se for o caso, a súa representación. Con todo, o órgano de contratación poderá requirir a achega de documentación complementaria se é necesaria para acreditar que o obxecto social da empresa é adecuado ao obxecto do contrato. No que se refire á personalidade xurídica do empresario, deberá achegarse só no caso de que os/as solicitantes se puxesen expresamente á súa consulta pola Agadic.

b) Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional segundo o disposto na base 10ª destes pregos.

c) Documentación xustificativa de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias (coa Facenda estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia), de estar dadas de alta no imposto sobre actividades económicas e de estar ao día no cumprimento das obrigacións coa Seguridade Social. Esta documentación deberá achegarse só no caso de que os/as solicitantes se opuxesen expresamente á súa consulta pola Agadic.

O prazo para a adxudicación do contrato será de 5 meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo para adxudicar os contratos sen que a adxudicación tivese lugar, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

O órgano de contratación realizará a adxudicación do contrato privado, e posterior formalización do contrato, segundo o modelo que figura no anexo VIII, no cal constarán as obrigas de ambas as partes, as contraprestacións que recibirá a Agadic e a forma de xustificar o patrocinio.

No contrato especificaranse as condicións para o uso das marcas e constará expresamente a cesión á Agadic da imaxe do festival para usos non comerciais.

Este contrato terá que asinarse no prazo máximo dun mes desde a adxudicación do contrato e sempre antes do inicio do festival. En caso contrario, a Agadic poderá resolver non levalo a cabo.

A entidade patrocinada facilitará o seguimento e control do contrato asinado e, concretamente, da presenza das marcas nos medios e soportes ofertados. No caso de que a Agadic comunicase discrepancias respecto á aplicación das marcas e/ou logotipos, a entidade comprométese a realizar as actuacións necesarias de alteración ou rectificación necesarias.

12. Xustificación e pagamento.

A xustificación técnica do festival terase que entregar con anterioridade á presentación da factura. Deberá facerse por medios electrónicos, e nos prazos seguintes:

• Festivais celebrados en maio: prazo máximo ata o 30 de xuño.

• Festivais celebrados en xuño: prazo máximo ata o 31 de xullo.

• Festivais celebrados en xullo: prazo máximo ata o 31 de agosto.

• Festivais celebrados en agosto: prazo máximo ata o 30 de setembro.

• Festivais celebrados en setembro: prazo máximo ata o 20 de outubro.

Se a documentación presentada non está correcta ou é insuficiente, a Agadic poderá requirir a súa emenda, para o cal se outorgará un prazo de 10 días hábiles.

En todo caso, a forma de presentar a xustificación das accións realizadas incluirase no contrato que se formalice, adaptándoa á tipoloxía do festival.

A entidade deberá acreditar, en calquera caso, o cumprimento das obrigas do contrato de patrocinio mediante esta documentación, numerada seguindo a seguinte orde:

Número de orde

Documento que hai que achegar

Formato

1

Anexo VI. Documentación xustificativa

Declaracións responsable:

Que o festival se realizou conforme a memoria presentada na solicitude que serviu de fundamento para a realización do contrato de patrocinio e que o proxecto/acción se levou a cabo nas datas indicadas e cumpriu, por tanto, co fin proposto.

Que os datos e documentos referidos á xustificación son certos.

Que o festival recibiu as seguintes axudas ou patrocinios.

Pdf cuberto

2

Memoria xustificativa do proxecto, onde conste o seguinte: datas e lugares de celebración; cartel dos artistas participantes; artistas de Galicia; asistentes totais, con indicación dos de pago, abonos e convites; número de entradas mercadas co Carné Xove da Xunta de Galicia. A memoria constará dun índice coas epígrafes requiridas e terá unha extensión máxima de 25 páxinas, debendo achegarse o resumo que figura no anexo VII.

Pdf cuberto segundo o modelo que figura no anexo VI

3

Reportaxe fotográfica do festival, onde se poida comprobar a colocación das marcas no escenario e no recinto.

Deberá achegarse unha mostra representativa por cada día de celebración.

JPG en alta calidade

4

Reportaxe fotográfica das roldas de prensa realizadas para a súa promoción. Débense entregar as fotografías onde aparezan as persoas representantes da Agadic ou da Xunta de Galicia.

JPG en alta calidade

5

Clipping de prensa, cunha recompilación de todas as noticias aparecidas nos medios de comunicación, online e offline, e nas redes sociais, ligazóns de noticias aparecidas na internet, presenza en radio e televisión (ligazóns de vídeos e audios).

Excel con ligazóns aos medios de comunicación onde figuren as novas

6

Material de difusión empregado onde se acredite a presenza das marcas.

Pdf

7

Copia dos títulos habilitantes preceptivos para a realización do festival.

Pdf

8

Valoración económica da repercusión mediática.

Excel segundo o modelo que figura no anexo VI

9

Copias das facturas e xustificantes de pagamento dos investimentos publicitarios.

Pdf

9

Estatísticas do impacto mediático das publicacións efectuadas nas redes sociais facilitadas polos provedores dos servizos onde se difundiron.

Pdf

10

Anexo VII

Pdf

Valoración económica da repercusión mediática.

Esta valoración consiste na xustificación dos investimentos publicitarios directos realizados online e offline e/ou a valoración económica equivalente do impacto mediático.

Unicamente se terán en conta as xustificacións publicadas/emitidas desde a data de presentación da solicitude á Agadic ata a entrega da documentación xustificativa, sempre que vaian dirixidas a promocionar o proxecto patrocinado.

As entidades patrocinadas terán que numerar cada unha das accións promocionais/publicitarias que se presenten. Tamén terán que facer corresponder a mesma numeración coa documentación acreditativa relativa ao concepto descrito.

Para o caso de que se realicen, e xustifiquen, investimentos publicitarios directos (compra de espazos publicitarios en calquera medio de comunicación) deberase remitir a factura correspondente e a xustificación do seu pagamento.

Para o caso de que se xustifique o investimento do retorno publicitario do patrocinio mediante o impacto mediático deste, deberase remitir un documento que reflicta todas as aparicións efectuadas nos medios de comunicación (online e/ou offline) e a súa correspondente valoración. Este documento deberá realizarse e remitirse nun formato excel cos campos do cadro seguinte:

Nº orde

Nome do medio de comunicación

Formato

Data publicación

Anuncio inclúe: marca/logo/mención

Descrición doc. acreditativa

Observacións

Valoración equivalente

O valor económico da repercusión mediática do patrocinio debe ser igual ou superior á cantidade outorgada pola Agadic.

So se terán en conta aquelas contraprestacións publicitarias onde se poida constatar de xeito efectivo a presenza das marcas de Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia. No caso de que a valoración económica da repercusión mediática non sexa superior ao importe do patrocinio, poderase minorar o importe concedido, ata alcanzar un equilibrio e proporcionalidade entre o patrocinio e o retorno obtido.

A Agadic reserva para si a potestade de realizar a posteriori unha comprobación por mostraxe da xustificación económica.

Unha vez validada a xustificación técnica, a Agadic comunicarao á entidade adxudicataria para a presentación da factura correspondente. Non se pagará o patrocinio ata que a xustificación sexa conformada pola Agadic.

A aceptación do patrocinio implica que o material gráfico, fotográfico e audiovisual presentado nas xustificacións, poderá ser utilizado pola Xunta de Galicia para a súa difusión e uso en actividades estratéxicas.

13. Resolución do patrocinio.

O contrato extinguirase pola súa resolución, acordada pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

a) A falsidade dos datos achegados.

b) A extinción da personalidade xurídica de calquera das partes.

c) O acordo mutuo das partes.

d) O incumprimento total ou parcial de todas ou algunha das condicións xerais e particulares pactadas.

e) A realización por parte da entidade responsable do contrato de actuacións que, a xuízo da Agadic, sexan contrarias aos obxectivos e finalidade da Agadic.

14. Confidencialidade.

Calquera información confidencial revelada pola Agadic á entidade con que se formalicen patrocinios obxecto desta convocatoria durante a súa vixencia manterase con carácter estritamente confidencial para a persoa receptora, que se comprometerá a utilizar esta información unicamente para a finalidade para a cal lle foi revelada pola persoa emisora, excepto imperativo legal.

A persoa receptora protexerá a información confidencial da persoa emisora contra calquera uso non autorizado ou revelación a terceiros, da mesma maneira que protexe a súa información confidencial. O acceso a esta información quedará restrinxido só a aquelas persoas empregadas da entidade que deban coñecelo para cumprir co contrato que se vai desenvolver.

15. Réxime xurídico aplicable.

De acordo co establecido no artigo 26.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, que considera como regra xeral os patrocinios como un contrato privado, deben rexerse en canto á preparación e adxudicación, na falta de normas específicas, polas seccións 1 e 2 do capítulo I do título I do libro II desta lei, e polas disposicións de desenvolvemento, aplicándose supletoriamente as restantes só de dereito administrativo ou, se procede, as normas de dereito privado, segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade contratante. En canto aos seus efectos e extinción, rexerase polo dereito privado.

16. Notificación electrónica.

16.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

16.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

16.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

16.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

16.5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

17. Transparencia e bo goberno.

17.1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

17.2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Orientacións para cubrir o DEUC

Para facilitar a formalización por parte das empresas do modelo de formulario normalizado do DEUC que establece o anexo II do Regulamento (UE) nº 2016/7, formúlanse a continuación as seguintes orientacións:

a) De conformidade co establecido na parte II, sección A, quinta pregunta, dentro do punto titulado «Información xeral» do formulario normalizado do DEUC, as empresas que figuren inscritas nunha «lista oficial de operadores económicos autorizados» só deberán facilitar en cada parte do formulario aqueles datos e informacións que, no seu caso concreto, non estean inscritos nestas «listas oficiais». Así, en España as empresas non estarán obrigadas a facilitar aqueles datos que xa figuren inscritos de maneira actualizada no rexistro de licitadores que corresponda, xa sexa no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado (Rolece) ou no Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia (RXC-Galicia) co alcance previsto no artigo 339 da LCSP, coa condición de que as empresas inclúan no formulario normalizado do DEUC a información necesaria para que o órgano de contratación poida realizar o acceso correspondente (enderezo da internet, todos os datos de identificación e, se é o caso, a necesaria declaración de consentimento).

Para o caso de que a empresa estea inscrita no Rolece ou no RXCG, a seguir esta recomendación indica, respecto de cada unha das partes do formulario, que datos son susceptibles de figurar inscritos nos rexistros e cales non. Dado que algúns destes datos deben ser subministrados, en todo caso, pola empresa e outros son voluntarios, limitarémonos a sinalar en cada caso se os datos que reclama o formulario son ou non son potencialmente inscritibles, e a empresa debe asegurarse de cales efectivamente están inscritos e actualizados e cales non están inscritos ou, de o estaren, non están actualizados, no seu caso concreto.

b) O acceso por parte dos órganos de contratación aos rexistros de licitadores, así mesmo, ten o efecto establecido no artigo 59.5 DN. Así, aínda que, de acordo co artigo 59.4 DN con carácter xeral o órgano de contratación poderá requirir os candidatos e licitadores durante a substanciación do procedemento de contratación e para garantir o seu bo desenvolvemento para que acheguen documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos de acceso á licitación, e con carácter previo á adxudicación o primeiro deberá exixir ao adxudicatario a presentación destes documentos xustificativos; o artigo 59.5 DN matiza o establecido no punto anterior do mesmo artigo ao eximir os licitadores e candidatos de presentaren aqueles documentos xustificativos que proben informacións que poidan ser acreditadas mediante unha certificación expedida polo ... de licitadores que corresponda [Rolece ou RXC-Galicia].

Parte I.

Recolle a información sobre o procedemento de contratación e sobre o órgano de contratación.

A súa formalización non reviste complexidade xa que todos os datos constan no anuncio ou nas plataformas de contratación.

Parte II.

Recolle información sobre a empresa interesada.

Como xa se indicou, aquelas empresas que figuren inscritas nun rexistro de licitadores só deberán facilitar nesta parte II do formulario aquela información que non figure inscrita neles ou que, aínda estando inscrita, a información non conste de maneira actualizada. Por iso, a continuación segue un cadro que, a modo orientativo, indica que información ou datos poderían estar inscritos e cales non, coa finalidade de que as empresas saiban:

Que datos deberán ser achegados mediante o formulario normalizado DEUC, en todo caso, por non figuraren en poder do Rolece ou RXCG.

Que datos son susceptibles de estar inscritos no Rolece ou RXCG e, por tanto, poderían deixarse sen cubrir no formulario.

Correspóndelle á empresa comprobar se no seu caso concreto eses datos ou informacións efectivamente están inscritos nos rexistros e, se o están, deberá asegurarse de que constan nel de maneira actualizada.

Parte II. Información sobre o operador económico.

Sección

É un dato/información susceptible de estar inscrito no Rolece ou RXCG?

Sección A

Identificación.

Os datos incluídos neste punto deben ser cubertos pola empresa. Como número de IVA deberase recoller o NIF cando se trata de cidadáns ou empresas españois, o NIE cando se trata de cidadáns residentes en España, e o VIES ou DUNS cando se trata de empresas estranxeiras.

Información xeral

Se é o caso, figura o operador económico inscrito nunha lista oficial de operadores económicos autorizados ou ten un certificado equivalente (por exemplo, no marco dun sistema nacional de (pre)clasificación)?

Si ( ) Non ( ) Non procede ( )

( ) Rolece

En caso afirmativo:

– Rexistro en que está inscrito e número de inscrición

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da C.A. de Galicia

( ) Rolece: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación basta con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia: nº de inscrición:______

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

Certificación en formato electrónico

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO NALGÚN DOS REXISTROS

Si ( ) Non ( )

Indicar grupo, subgrupo e categoría da clasificación do contratista

Si ( ) Non ( )

Coa clasificación cúmprense todos os criterios de selección? En caso negativo, cubra a parte IV deste formulario (seccións A ,B, C ou D, segundo proceda.

Poñer o enderezo da páxina web, autoridade ou organismo expedidor e referencia exacta da documentación

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderá a empresa presentar un certificado respecto ao cumprimento de obrigas coa Seguridade Social e impostos que permita ao poder adxudicador obtelo directamente a través dunha base de datos nacional de calquera Estado que poida consultarse gratuitamente?

Dispoñible en formato electrónico

Forma de participación.

Está participando o operador económico no procedemento de contratación xunto con outros?

Si ( ) Non ( )

En caso afirmativo:

b) Identifíquense os demais operadores económicos que participan no procedemento de contratación conxuntamente.

Identificar con NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa.

No caso de estar nalgún dos rexistros de licitadores, indicar:

( ) Rolece: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación basta con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia: nº de inscrición:______

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Na parte II, na letra B, denominada Información sobre os representantes do operador económico, a sección dedicada á representación non é necesario que sexa cuberta se o licitador está no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sección B

 

Representación

Nome e apelidos:

Cargo:

Enderezo postal:

Teléfono:

Correo electrónico:

Información sobre representación (forma, alcance, finalidade…)

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO NALGÚN DOS REXISTROS

Parte III.

Relativa aos motivos de exclusión.

Dado que o formulario normalizado do DEUC non recolle ningunha referencia á nosa lexislación, para facilitar a adecuada formalización por parte das empresas desta parte do formulario, a continuación segue unha táboa de equivalencias entre cada unha das preguntas que deben responder as empresas, os artigos da DN e, por último, os artigos da nosa LCSP que deron transposición ao artigo 57 DN.

Nótese que España traspuxo a regulación das prohibicións de contratar que establece a DN mediante a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, que modificou a regulación desta materia no TRLCSP, concretamente dando nova redacción aos artigos 60 e 61 e creando ex novo o artigo 61.bis, polo que, con carácter xeral, nesta materia non procede falar de efecto directo senón de mera aplicación de normas nacionais.

Dado que non todas as prohibicións para contratar están inscritas no Rolece e/ou RXCG, as empresas deberán responder a todas as preguntas que se formulan nesta parte III do formulario normalizado do DEUC.

Táboa de equivalencias relativa á parte III do DEUC:

Parte III,
nº de sección

DN

TRLCSP

Sección A

Artigo 57.1.

Artigo 71.1.a) (excepto os delitos contra a Facenda pública e a Seguridade Social relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Sección B

Artigo 57.2.

Artigo 71.1:

Letra a) (cando se trate de delitos contra a Facenda pública ou contra a Seguridade Social, relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Letra d), primeiro parágrafo, primeiro inciso.

Letra f) (cando se trate de sancións administrativas firmes impostas conforme a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria).

Sección C

 

Primeira pregunta

Artigo 57.4.a).

Artigo 71.1.b) (cando non sexa infracción moi grave en materia profesional ou en materia de falseamento da competencia);

Artigo 71.1.d), primeiro parágrafo, segundo inciso (no relativo ao incumprimento do requisito do 2 por 100 de empregados con discapacidade).

Segunda pregunta

Artigo 57.4.b).

Artigo 71.1.c).

Terceira pregunta

Artigo 57.4.c).

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia profesional).

Cuarta pregunta

Artigo 57.4.d).

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia de falseamento da competencia).

Quinta pregunta

Artigo 57.4, letra e).

Artigo 71.1.g) e h).

Sexta pregunta

Artigo 57.4, letra f).

Artigo 70.

Sétima pregunta

Artigo 57.4.g).

Artigo 71.2, letras c) e d).

Oitava pregunta

 

Letras a), b) e c)

Artigo 57.4.h).

Artigo 71.1, letra e), e 60.2, letras a) e b).

Letra d)

Artigo 57.4.i).

Artigo 71.1.e).

Sección D

-----------------

Artigo 71.1.f) (cando se trate de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).

D: outros motivos de exclusión que poden estar previstos na lexislación nacional do Estado membro do poder adxudicador.

Declaróuselle a prohibición para contratar imposta en virtude de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións?

Si ( ) Non ( )

…………………

Se é afirmativo, especifíquese

Se e afirmativo, adoptou medidas autocorrectoras?

Si ( ) Non ( )

Describir as medidas:

…………………

Parte IV. Criterios de selección.

Relativa aos criterios de selección.

Convén destacar, respecto da parte IV, que os poderes e entidades adxudicadores poderán limitar a información requirida sobre os criterios de selección a unha soa pregunta, é dicir, se os operadores económicos cumpren ou non todos os criterios de selección necesarios.

Nese caso bastará responder SI ou NON no punto titulado «Indicación global relativa a todos os criterios de selección», polo que non será necesario completar os puntos seguintes:

A. Idoneidade.

B. Solvencia económica e financeira.

C. Capacidade técnica e profesional.

D. Sistemas de aseguramento da calidade e normas de xestión ambiental.

Parte V.

Relativa aos criterios para reducir o número de candidatos a que se convidará a presentar oferta.

O empresario deberá cubrir esta parte unicamente cando se trate de procedementos restrinxidos, negociados con publicidade e de diálogo competitivo.

Parte VI.

Relativa ás declaracións finais.

Esta parte debe ser cuberta e asinada pola empresa interesada en todo caso.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Contrato privado tipo de patrocinio publicitario das marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia no festival ...

CT302A - Adhesión á marca Fest Galicia e realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para a celebración de festivais de música profesionais

CONTRATO PRIVADO

Santiago de Compostela, ... de ... de ...

Reunidos:

Dunha parte, Jacobo Sutil Nesta, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (no sucesivo, a Agadic), con NIF Q6550009B, que actúa por delegación en representación da Agadic, de acordo co disposto na Resolución do 24 de xullo de 2012, do Consello Reitor da Agadic, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección da Agadic, DOG do 29 de agosto de 2012, en exercicio das facultades conferidas ao presidente do Consello Reitor pola Lei 4/2008 do 23 de maio, de creación da Agadic e o Decreto 150/2012, do 12 de xullo, polo que se aproba o Estatuto da Agadic.

Doutra parte , ..., con NIF ..., que actúa en representación da empresa ..., con NIF ..., en virtude da escritura de data ... con número de protocolo ...

Ambas as partes recoñécense mutuamente a capacidade legal necesaria e suficiente para obrigarse e para asinar o presente contrato e, na súa virtude,

Antecedentes administrativos

1. En data do ... publicouse a Resolución do ... pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2024 e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para a realización de festivais de música profesionais (CT302A) (DOG núm. ...).

A Agadic asume o compromiso de formalización de contratos de patrocinio dos festivais seleccionados dado que, pola súa importancia e relevancia en canto ao público que participa e á súa repercusión nos medios de comunicación, son a canle idónea e supoñen un bo retorno publicitario da nosa marca de festivais, así como a difusión da Xunta de Galicia e do Xacobeo.

2. O ..., a Agadic ditou unha resolución, relativa ao procedemento convocado en virtude da dita Resolución do ..., pola que a empresa ..., NIF ..., co festival ... resultou seleccionada para adherirse á marca Fest Galicia na categoría ... e, polo tanto, resulta beneficiaria dun contrato privado de patrocinio por un importe de ... (... €).

Por todo o que antecede, subscríbese o presente contrato de acordo coas seguintes

Cláusulas

Primeira. Obxecto do contrato e compromiso do contratista

Este contrato ten por obxecto o patrocinio das marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia no festival ..., que terá lugar entre o ... e o ... de ... en ...

A entidade contratista asume o compromiso de realización de todas as obrigas establecidas nos pregos de condicións xerais e técnicas de regulación da adhesión á marca Fest Galicia no ano 2024 previstos na Resolución do ... (DOG núm. ... do ...) e da oferta presentada na súa solicitude, que forma parte deste contrato:

A entidade contratista deberá remitir á Agadic con anterioridade o material de difusión empregado para a validación da colocación das marcas Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia. No caso de que a Agadic comunicase discrepancias respecto á aplicación das marcas e/ou logotipos, a entidade comprométese a realizar as actuacións necesarias de alteración ou rectificación necesarias.

Segunda. Prezo

O prezo total do contrato é de ... euros (... €), dos cales ... (...euros) corresponden á base impoñible e ... (... euros) ao IVE (21 %).

O prezo será aboado con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.640.1, proxecto 2013 00005, dos orzamentos xerais da Agadic para o ano 2024.

Non procederá a revisión de prezos deste contrato.

Terceira. Duración do contrato

A duración do contrato abrangue desde a data de sinatura do contrato por parte da Agadic ata o ... de 2024.

Non se prevé a prórroga do contrato.

Cuarta. Garantía

De acordo co disposto no artigo 107.1 da LCSP, o adxudicatario queda eximido da obriga da prestación da garantía definitiva dado o carácter de exclusividade da presente contratación e a inmediatez na execución do contrato logo da súa formalización.

Tampouco se considera necesaria a exixencia de prazo de garantía dada a natureza e características do contrato.

Quinta. Xustificación e pagamento

A xustificación técnica do festival terase que presentar con anterioridade á presentación da factura, dentro dos 30 días seguintes á celebración do festival, nos prazos seguintes:

• Festivais celebrados en ...: prazo máximo ata o ...

A achega da Agadic farase efectiva unha vez finalizada a acción obxecto de patrocinio e coa presentación por parte da entidade da documentación que figura na base 12 dos pregos da convocatoria, composta polo anexo VI debidamente asinado xunto cunha memoria xustificativa da acción realizada co resumo que figura no anexo VII, así como a documentación gráfica, os investimentos, os títulos habilitantes, o clippling de prensa e o resumo da repercusión mediática. Unicamente se terán en conta as xustificacións publicadas/emitidas desde a data de presentación da solicitude á Agadic ata a entrega da documentación xustificativa, sempre que vaian dirixidas a promocionar o proxecto patrocinado.

A aceptación do patrocinio implica que o material gráfico, fotográfico e audiovisual presentado nas xustificacións poderá ser utilizado pola Xunta de Galicia para a súa difusión e uso en actividades estratéxicas.

O valor económico da repercusión mediática do patrocinio debe ser igual ou superior á cantidade outorgada pola Agadic.

Só se terán en conta aquelas contraprestacións publicitarias onde se poida constatar de xeito efectivo a presenza das marcas de Xunta de Galicia, Xacobeo e Fest Galicia. No caso de que a valoración económica da repercusión mediática non fose superior ao importe do patrocinio, poderase minorar o importe concedido, ata alcanzar un equilibrio e proporcionalidade entre o patrocinio e o retorno obtido.

Non se procederá ao pagamento ao patrocinado ata que se cumpra coa presentación da xustificación e esta sexa conformada pola Agadic.

No caso de que a documentación presentada non estea correcta ou sexa insuficiente, a Agadic poderá requirirlles a emenda, para o cal se outorgará un prazo de 10 días hábiles.

Unha vez validada a xustificación técnica, a Agadic comunicarao á entidade adxudicataria para a presentación da factura correspondente, que se deberá emitir a nome da Axencia Galega das Industrias Culturais con NIF Q6550009B. Cidade da Cultura, Monte Gaiás, 15707 Santiago de Compostela, e a través das plataformas electrónicas habilitadas para o efecto, preferentemente o Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF) (Orde do 12.2.2010; DOG do 16.2.2010),
https://factura.conselleriadefacenda.es/eFactura_web/?idReceptor=REC_1489.

A Axencia Galega das Industrias Culturais reserva para si a potestade de realizar a posteriori unha comprobación por mostraxe da xustificación económica.

Sexta. Resolución

O contrato extinguirase pola súa resolución, acordada pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

a) A falsidade dos datos achegados.

b) A extinción da personalidade xurídica de calquera das partes.

c) O acordo mutuo das partes.

d) O incumprimento total ou parcial de todas ou algunha das condicións xerais e particulares pactadas.

e) A realización por parte da entidade responsable do contrato de actuacións que, a xuízo da Agadic, sexan contrarias aos obxectivos e finalidade da Agadic.

Sétima. Responsable do contrato

De acordo co disposto no artigo 62 da LCSP, a persoa responsable do contrato designada pola Agadic é a persoa coordinadora do Departamento de Música e Danza que exercerá as funcións de supervisión da execución do contrato e, para tal efecto, poderá adoptar decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta execución do contrato.

Oitava. Confidencialidade

Calquera información confidencial revelada pola Agadic á entidade con que se formalicen patrocinios obxecto desta convocatoria durante a súa vixencia, manterase con carácter estritamente confidencial para a persoa receptora, que se comprometerá a utilizar esta información unicamente para a finalidade para a cal lle foi revelada pola persoa emisora, excepto imperativo legal.

A persoa receptora protexerá a información confidencial da persoa emisora contra calquera uso non autorizado ou revelación a terceiros, da mesma maneira que protexe a súa información confidencial. O acceso a esta información quedará restrinxido só a aquelas persoas empregadas da entidade que deban coñecelo para cumprir co contrato que se vai desenvolver.

Novena. Réxime xurídico aplicable

De acordo co establecido no artigo 26.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, que considera como regra xeral os patrocinios como un contrato privado, deben rexerse en canto á preparación e adxudicación, na falta de normas específicas, polas seccións 1 e 2 do capítulo I do título I do libro II desa lei, e nas disposicións de desenvolvemento, aplicando supletoriamente as restantes só de dereito administrativo ou, se procede, as normas de dereito privado, segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade contratante. En canto aos seus efectos e extinción, rexerase polo dereito privado.

En proba de conformidade e aceptación das condicións contractuais,

En representación da Axencia Galega das Industrias Culturais, P.D. do Consello Reitor da Agadic (Acordo do 24 de xullo de 2012), Jacobo Sutil Nesta, director da Agadic.

En representación de ...