DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Despunte Diseño e Ingeniería Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial o 25 de abril de 2024 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 44 dos estatutos sociais relativo ao capital social mínimo da entidade Despunte Diseño e Ingeniería Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 15 de febreiro de 2024. O novo capital social mínimo é 4.000,00 €.

A Coruña, 25 de abril de 2024

Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Director territorial da Coruña