DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 2 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 3/2023, relativo á concesión da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Vilanova de Arousa, promovido por Desarrollos Vilanova, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Vilanova de Arousa, promovido por Desarrollos Vilanova, S.L.

Para estes efectos, cumprindo coa información que debe outorgarse ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Desarrollos Vilanova, S.L. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Vilanova de Arousa.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia.

c) O órgano do que pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/autorizacions-grandes-superficies-comerciais/desarrollos-vilanova

e) O público poderá participar durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, no prazo de 20 días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo