DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de abril de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican os acordos de inicio dos expedientes sancionadores relacionados, por infraccións en materia sanitaria.

Visto que non se puideron levar a cabo as notificacións dos acordos de inicio dos expedientes sancionadores relacionados no anexo, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en diante LPACAP, notifícanse mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Dado que non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da LPACAP, o texto íntegro deste acto administrativo está ao dispor das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña (andar 4º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da LPACAP, ten dereito a formular alegacións ante a Dirección Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa notificación. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da LPACAP.

A Coruña, 26 de abril de 2024

Cristina Pérez Fernández
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE persoa interesada

20240015taco

Y0797487E

20240044taco

25542783H

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo