DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 25 de abril de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Acebedo e Morteiras, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xares, no concello da Veiga.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Acebedo e Morteiras, pertencente á CMVMC de Xares, no concello da Veiga, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 27.2.2023, a CMVMC de Xares presentou unha solicitude (Rexel núm. 2023/649029) de revisión parcial de esbozo do MVMC Acebedo e Morteiras, no concello da Veiga.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do día 10.9.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 28 de abril de 2023 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares, sen que se modifiquen os límites con montes veciñais estremeiros.

A superficie do MVMC Acebedo e Morteiras, unha vez revisado o esbozo, resulta de 1.057,87 ha fronte ás 1.011 ha clasificadas, o que supón un aumento inferior ao 5 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Acebedo e Morteiras.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándoos e completándoos con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 28 de abril de 2023, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 9 de abril de 2024:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Acebedo e Morteiras, pertencente á CMVMC de Xares, no concello da Veiga.

Ourense, 26 de abril de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense