DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 10 de maio de 2024 Páx. 28429

III. Outras disposicións

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

O presidente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
P.D. (Resolución do 8.3.2019, DOG núm. 54)
María Adela Quinzá-Torroja García
Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado
polo Isgga

Data de sinatura

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

0,00 €

14.2.2024

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais

0,00 €

14.2.2024