DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 10 de maio de 2024 Páx. 28428

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 8 de maio de 2024 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

BDNS (Identif.): 748061.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 7 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 12 de xuño de 2024, incluído, polo que resulta ampliado en 30 días naturais o prazo regulado no artigo 7.5 da citada orde.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional