DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 10 de maio de 2024 Páx. 28524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente REQ-MON-OU-04-2024-FOR.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido este prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.

Ourense, 23 de abril de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: REQ-MON-OU-04-2024-FOR.

Persoas interesadas: 13659417Q.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento das repoboacións forestais.

Polígono 20, parcela 161, concello de Calvos de Randín.