DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública, en concreto, da modificación da LAT 132 kV San Cristóbal-Trives (expediente IN407A 2023/121-3).

O 12.3.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ditou resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción e se declarou a utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación da LAT 132 kV San Cristóbal-Trives no treito comprendido entre os apoios números 17 e 25, no termo municipal da Pobra de Trives (Ourense), e que promove I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U. (expediente IN407A 2023/121-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas

ANEXO

Resolución: declaración de utilidade pública, en concreto, da modificación da LAT 132 kV San Cristóbal-Trives no treito comprendido entre os apoios números 17 e 25, no termo municipal da Pobra de Trives (Ourense).

Propietario

Datos do predio afectado

Referencia catastral

Ubaldino Pérez Pérez

1

32064A043000090000JJ

Ana Diéguez Alonso

4

32064A043000060000JD

Descoñecido

13

32064A043002950000JR

Leonardo Guerra Rodríguez

18

32064A043002760000JW

José Benito Pérez

31

32064A043002650000JX

Manuel Domínguez Pérez

35

32064A043002690000JS

Ramón Rodríguez

37

32064A043002870000JT

Roberto Rivas Pérez

41

32064A043001280000JM

Roberto Rivas Pérez

42

32064A043002900000JT

Ramón Rodríguez

43

32064A043001270000JF

Ramón Rodríguez

44

32064A043002910000JF

Herdeiros de Félix Andrés Domínguez Rodríguez

45

32064A043001260000JT

Descoñecido

46

32064A043001250000JL