DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre suspensión dun procedemento expropiatorio, no concello de Cerceda (expediente IN408A 2018/27).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo o acordo desta xefatura territorial, do 8.4.2024, polo que se declarou a suspensión do acto de levantamento das actas previas á ocupación previsto para os días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de abril de 2024 e a conseguinte paralización do procedemento expropiatorio para a construción das instalacións do proxecto do parque eólico Meirama, no concello de Cerceda (expediente IN408A 2018/27), do que é promotora a entidade Naturgy Renovables, S.L.U.

Esta suspensión obedece á existencia do auto ditado pola Sección 3ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 14.3.2024, en que se acorda a medida cautelar de suspensión da executividade da Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do 18 de abril de 2023, pola que se outorgan a autorización administrativa previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Meirama.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 24 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/27.

Entidade beneficiaria: Naturgy Renovables, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Meirama.

Concello: Cerceda.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

2

Encrobas

22

267

José Antonio Gende Gende e Consuelo Soto Cancelo

2-1

Encrobas

22

255

Carmen Gende Gende e Teresa Souto Cancela

26

Bordeiro

22

421

Juan Carlos Lozano Fernández

34

Bordeiro

22

420

Herdeiros de Antonio Lozano García

40

Monte Meán

22

443

Herdeiros de Manuel Fuentes Mosquera

55

Berdoedo

22

56

Herdeiros de José Gende Gende e Manuel Gende Méndez

56

Berdoedo

22

418

Manuel Gende Méndez

80

Mexón

19

932

Arturo Feito Villamisar

178

Monte Meán

24

190

Luciano Martínez Raña e Manuel Ríos Barbeito