DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se lle notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública, en concreto, do incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira (expediente 2021/109 ATE).

O 4.3.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ditou resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción e se declarou a utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos termos municipais de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), que promove Begasa (expediente 2021/109 ATE), é publícase no Diario Oficial de Galicia nº 58, do 21.3.2024.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Resolución: declaración de utilidade pública, en concreto, do incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos termos municipais de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo).

Propietario

Datos do predio afectado

Referencia catastral

Concello

María Soledad Folgueira Chao

3

27030A03301301

Mondoñedo

Descoñecido

107

27044F00600008

A Pastoriza

José Pena López (representante: Manuel García Pena)

130

27044N01400112

A Pastoriza

Herdeiros de María Ónega Ferreiro

176

27044E00200083

A Pastoriza

Herdeiros de Dolores Castro Otero

178

27044E00200086

A Pastoriza

Flora Castelo Seivane

184

27044E00200090

A Pastoriza

Josefa Castelo

185

27044E00200091

A Pastoriza

Francisca Seijo Iglesias

188

27044E00200094

A Pastoriza

Alicia García Mazoy

249

27044Y00210141

A Pastoriza

María Rosa Morado Pereira

259

27044Y00100019

A Pastoriza

Consuelo Barreiro Ferreiro

266

27044Y00100033

A Pastoriza

Herdeiros de Manuel Fernando Amoroso Cando

324

27044X00100003

A Pastoriza

Elisa Ferreiro Carballeira

330

27044Q00200004

A Pastoriza

Ramón Mazoy Chaín

331

27044Q00200005

A Pastoriza

Constantino Lodos Ónega

333

27044Q00200007

A Pastoriza