DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ACORDO do 23 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade ao comezo de cinco expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse publicidade á parte substantiva dos acordos da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo.

Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas identificadas no anexo da presente resolución.

Segundo. Poñer ao dispor dos interesados os expedientes para que conforme o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento común das administracións públicas, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo (982 29 49 57/982 29 41 88/89).

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación e Formación Profesional, se é o caso, ditará a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no caso de que o interesado estea conforme coa obrigación do reintegro, poderá facelo efectivo en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente.

Lugo, 23 de abril de 2024

Sagrario Sánchez Ramil
Xefa territorial de Lugo

ANEXO I

Convocatoria de axudas para alumnos con necesidade específica de
apoio educativo

Interesado:

NIF: 33326460N.

Importe: 193,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.26 non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

Interesado:

NIF: 33994535Y.

Importe: 2.400,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.34 non destinar a axuda concedida no citado curso académico á finalidade para a que se lle concedeu ao non xustificar o aboamento dos servizos de Reeducación Pedagóxica, Reeducación da Linguaxe e comedor escolar.

Interesado:

NIF: 34307246D.

Importe: 573,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.26 Non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

Interesado:

NIF: 33535357T.

Importe: 193,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.26 non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

Interesado:

NIF: 34271581V.

Importe: 1.826,00 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2022/23.

Causa: 7.34 non destinar a axuda concedida no citado curso académico á finalidade para a que se lle concedeu ao non xustificar o aboamento dos servizos de Reeducación Pedagóxica e Reeducación da Linguaxe.