DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28244

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorga destino ao persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, pola quenda de promoción interna, que superou as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/241/2022, do 24 de marzo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, resolveuse adxudicarlle destinos nos órganos xudiciais e fiscais que se relacionan no anexo I ao persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa, pola quenda de promoción interna, nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo de xestión procesual e administrativa pola Orde do 25 de abril de 2024, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. O persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa ao cal se lle outorga destino nesta resolución deberá tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento/delegación territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O persoal funcionario destinado en virtude desta resolución e que opte por continuar en activo no corpo de tramitación procesual e administrativa non será necesario que se desprace a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, pois abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro lle comunique, se for o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos, a dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506 d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola cal é declarado en situación de excedencia voluntaria será remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal ao Servizo da Administración de Xustiza.

Terceiro. En caso de que o persoal funcionario opte por ingresar no corpo de xestión procesual e administrativa e queira evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de Xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderá solicitar da xerencia territorial, ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionario/a do corpo de tramitación procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día, se non hai cambio de localidade, ou de dous no caso contrario, agás aqueles que teñan que se desprazar desde Canarias, Balears, Ceuta ou Melilla, caso en que o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados.

No caso de que o/a funcionario/a proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibisen o traspaso de medios persoais, deberá remitírselle a dita documentación a estes órganos para que lle concedan de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa e o cesamento automático coa mesma data en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión procesual e administrativa, co obxecto de evitar interrupción na percepción dos seus haberes.

En calquera caso, unha vez dilixenciada a toma de posesión, remitiranse exemplares do documento F1R para que se realicen as oportunas variacións en nómina: un deles será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal ao Servizo da Administración de Xustiza; outro exemplar seralle entregado á persoa interesada e o outro será para constancia no órgano xudicial.

Cuarto. O persoal funcionario que opte por permanecer no novo posto do corpo de xestión procesual e administrativa terá dereito, a partir da toma de posesión, ao permiso retribuído que establece a disposición adicional quinta do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, permiso do cal se deducirán os días recollidos no punto terceiro desta resolución.

Quinto. O persoal funcionario interino que actualmente ocupe prazas que fosen adxudicadas ás persoas aspirantes aprobadas cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do persoal titular.

Sexto. O persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa ao cal se lle outorga destino en virtude desta resolución, aínda que fose destinado con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderá participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Sétimo. As prazas ofrecidas ás persoas aspirantes mediante a Resolución do 13 de febreiro (Boletín Oficial del Estado do 23 de febreiro) non adxudicadas ás persoas aspirantes de novo ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa, pola quenda de promoción interna, manteñen a súa condición de desertas e reservadas para as persoas aspirantes ao ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da quenda libre.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Corpo: xestión procesual e administrativa, promoción interna

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

Descrición da unidade

Descrición do posto

Localidade

Provincia

Comunidade Autónoma

1

***9498**

Javier Terrón García

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM)

Xestión p.a.

Mondoñedo

Lugo

Galicia

2

***4308**

Ana María López Miño

Xulgado de Primeira Instancia número 6 (Familia)

Xestión p.a.

Santiago de Compostela

A Coruña

Galicia