DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil (expediente IN407A 2023/215-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: liña SEQ806 Quiroga 6 substitución apoio C7492KHS//31 (Quiroga e Ribas de Sil).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

• Reforma da liña de alta tensión SEQ806 Quiroga 6, a 20 kV, nos seguintes tramos:

– Un tramo aéreo, cunha lonxitude de 217 m en condutor LA-56, con orixe no apoio núm. 29 proxectado e final no apoio núm. 30 proxectado.

– Un tramo soterrado, cunha lonxitude de 340 m en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe na conversión aerosubterránea do apoio proxectado núm. 30 e final na conversión aerosubterránea do apoio núm. 32 proxectado.

– Renovación do condutor existente LA-56 entre o apoio núm. 32 proxectado da LMTA SEQ806 e o CT Ricobao existente.

– Retensado do condutor existente de tipo LA-30 entre o apoio núm. 32 proxectado e o apoio núm. 35 existente.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo; rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que xulguen oportunas, no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na seguinte ligazón da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/quiroga-ribasdesil

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de abril de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Proxecto de liña SEQ806 Quiroga 6 substitución apoio C7492KHS//31 (Quiroga e Ribas de Sil).

Concellos: Quiroga e Ribas de Sil (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/215-2.

Nº predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietaria

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Sup. (m2)

Voo (long.)

Voo (sup. m²)

Canaliz.subt. (lonx.)

Canaliz.subt. (sup. m²)

1

40

104

Caracocha

Monte alto

Hros. de Estela Fraga Alba

29

1

2

36

559

2

6

1020

Baulongo

Prado

Iberdrola

70

1125

3

6

1019

Areas

Prado

Iberdrola

32

1

2

3

10