DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2023/31-2).

Con data do 24 de xaneiro de 2024, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións previas e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada regulamentación LAMT MOF 808 Escairón-Saviñao 8 entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102 Pantón-Lugo.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Pantón, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 8 de febreiro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 14 de febreiro de 2024, para que comparezan o día 23 de maio de 2024 no Concello da Pantón sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Ademais, no taboleiro de anuncios do Concello de Pantón estará exposta a data do levantamento das actas. Todos as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representadas pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañadasr dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de abril de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Proxecto de regulamentación LAMT MOF 808 Escairón-Saviñao 8 entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102 Pantón-Lugo.

Concello: Pantón.

Expediente: IN407A 2023-31-2.

Predio nº

Políg.

Parc.

Lugar

Propietarios

Cultivo

Apoio nº

Cantidade

Sup. m²

1

27

293

Viña da Aira

Descoñecido

Matogueira

BN30QQCB//95

1

2

3

11

46

Forcados

Descoñecido

Carballeira

BMW1MOV1//98

1

2