DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2022/253-2).

Con data do 12 de xaneiro de 2024, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se lle outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións previas e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8 O Saviñao (Lugo), no concello do Saviñao (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas con que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello do Saviñao, deducida da que se someteu a información pública no xornal La voz de Galicia do 25 de xaneiro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 2 de febreiro de 2024, para que comparezan o día 13 de xuño de 2024 no Concello do Saviñao, sinalado como punto de reunión, para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria daráselles traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello do Saviñao estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 9 de abril de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Proxecto de regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8 O Saviñao (Lugo).

Concello: O Saviñao.

Expediente: IN407A 2022-253-2.

Predio

núm.

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Apoio

sup. (m²)

Afecc.

ml. aér.

Afecc.

m2 aér.

1

93

145

Cubela

Matogueira

Hros. María Filomena Rodríguez López

BKD4JNK4//D110-35-1

2

76,26

1.219,97

2

93

146

Cubela

Matogueira

Hros. Antonio García Álvarez

-

-

36,42

565,80

4

93

149

Chao

Matogueira

Isaac Sánchez López

-

-

3,62

82,55

5

93

141

Cubela

Matogueira, prados ou pradeiras

Hros. Dámaso Blanco Cidre

BKBHWCO2//D110-35-4

2

69,60

870,46

6

93

134

Cubela

Matogueira, prados ou pradeiras

Ramón Alvarín Rodríguez

-

-

17,00

103,93

7

93

140

Cubela

Matogueira

Elia Taboada Expósito

-

-

-

4,39

8

93

135

Cubela

Prados ou pradeiras

Manuel Sánchez Díaz

-

-

58,52

897,75

12

118

84

Rañadoira

Prados ou pradeiras

Isaac Sánchez López

-

-

36,61

585,25