DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de abril de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilaboa que supón a extinción da DH.A36.06846 (expediente DH.A36.99702).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios da Traída de Augas Cabadas Abertas.

Expediente: DH.A36.99702.

Volume total anual: 11.507,40 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: tres (3) mananciais: M1 a M3.

M1 na parcela 530, polígono 56.

M2 na parcela 266, polígono 56.

M3 na parcela 295, polígono 63.

Lugar: Vilar e Barciela.

Parroquia: Santa Cristina de Cobres.

Concello: Vilaboa.

Descrición: a auga de M1 condúcese ata M2 para continuar coa deste a depósito sobre parte das parcelas 290, 291 e 9010, polígono 63, ao cal chega tamén a de M3. Do depósito parte a rede de distribución da auga ás vivendas da Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de abril de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Sur