DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de marzo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.75701).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Manuel Goldar Goldar.

DNI: ***8986**.

Expediente: DH.A36.75701.

Volume total anual: 1.956,62 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,6 l/s.

Destino: doméstico, ganderio e rega.

Orixe: x= 545778, y= 4726806; (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Vilar.

Parroquia: Callobre (San Martiño).

Concello: A Estrada.

Descrición do aproveitamento: o aproveitamento de augas para novar consiste na captación de augas mediante arqueta de ladrillo de 1,00×1,00 m procedentes dunha galería, na parcela 36017N507008830000IQ. A auga lévase en tubo de 40 mm uns 500 m aproximadamente ata a parcela que se vai abastecer 36017N505005800000IQ, onde se encontra a vivenda de explotación gandeira e a parcela que se vai regar.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro