DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Valga (expediente DH.V36.94431).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Serrerías Rodríguez, S.L.

NIF: B36014975.

Expediente: DH.V15.94431.

Lugar: O Outeiro.

Parroquia: Setecoros.

Concello: Valga.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais de escoamento depuradas.

Caudal máximo anual: 22.951,77 m3/ano.

Punto de vertedura: X=528.706; Y=4.725.254.

Medio receptor: afluente innominado do río Louro (bacía do río Ulla).

Tratamento/evacuación: as augas residuais industriais de escoamento xeradas na zona de almacenamento de madeira son tratadas nun sistema de depuración constituído por dúas canles de desbaste, balsa areeiro, baruto automático, tanque de tormentas, dosificación de coagulante e floculante e tanque de decantación. O efluente depurado vértese á cuneta da estrada N-550, incorporándose finalmente a un afluente innominado do río Louro.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras