DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello da Coruña (expediente DH.V15.94411).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Utramic, S.L.

NIF: B15356553.

Expediente: DH.V15.94411.

Lugar: estrada de San Pedro de Visma.

Parroquia: Visma.

Concello: A Coruña.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo anual: 2.827,76 m3/ano.

Punto de vertedura: X=544.806; Y=4.800.893.

Medio receptor: regato innominado (bacía da ría da Coruña).

Tratamento/evacuación: as augas residuais industriais de escorregamento e de limpeza son tratadas nun separador de hidrocarburos de clase I antes da súa vertedura á cuneta perimetral ás instalacións e discorren posteriormente polas cunetas existentes na zona ata a súa incorporación a un regato innominado (bacía da ría da Coruña).

O proxecto pode consultarse na sección «participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras