DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de abril de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Agolada (expediente DH.A36.68853).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Emilio Varela Varela.

DNI: ***1611**.

Expediente: DH.A36.68853.

Volume total anual: 919,8 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,4021 l/s.

Destino: doméstico e gandeiro.

Orixe: x= 578716; y= 4736530 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Marcelín.

Parroquia: Merlín (San Pedro).

Concello: Agolada.

Descrición do aproveitamento: o aproveitamento consiste na captación de augas mediante un pozo de barrena de 62 m de profundidade, situado na parcela 36020A061001670000KO do concello de Agolada, na cal se atopa tamén a explotación gandeira que cómpre abastecer a 55 m do punto de captación. A condución das augas sae desta parcela e percorre 156 m en tubo de 32 mm, discorrendo pola cuneta dun camiño ata acadar as parcelas 165 e 6003 do polígono 61 para rematar na parcela PI0201800000000001LQ da vivenda abastecida.

O proxecto pode consultarse na sección «participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa do Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro