DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2024/022-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 29.1.2024 en Tui polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado núm. 2880 do COITIVigo, e visado na mesma data polo citado colexio profesional co número 22400115.

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio: rúa Coruña, 20, Tui 36700 (Pontevedra).

Denominación: modificación CTA Ameán.

Situación: lugar de Chan do Souto, concello de Padrenda.

Orzamento: 22.079,51 €.

Características técnicas:

• Substitución do transformador aéreo existente CTA Ameán, situado sobre un apoio de formigón, do tipo HV, de 50 kVA, por un novo transformador de 160 kVA e R/T 20.000/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 9 de abril de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense