DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Conservas Rianxeira, S.A.U. co obxecto de reordenar os volumes da parcela sur do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de Bodión.

O Pleno do Concello de Boiro en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de febreiro de 2024 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«… Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Conservas Rianxeira, S.A.U., con CIF A-15022221 e redactado por Amancio Losada Vicente co obxecto de reordenar os volumes da parcela sur do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PSIS) de Bodión.

Segundo. Dispoñer a publicación do anuncio do acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle no Diario Oficial de Galicia (DOG), con indicación expresa de que o seu contido íntegro estará á disposición do público no portal de transparencia. Unha vez publicado o anuncio no DOG, o instrumento de planeamento será inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, para o cal se remitirá un exemplar dilixenciado polo secretario xeral do Concello.

Unha vez recibido o certificado de inscrición no rexistro do estudo de detalle, procederase á publicación no BOP tal e como prevén os artigos 82 da Lei do solo de Galicia, e 199 e 215 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo á entidade promotora.

Cuarto. O contido íntegro do instrumento definitivamente aprobado estará dispoñible na sede electrónica do Concello de Boiro, así como no portal de transparencia.

Quinto. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa e que ten o carácter de disposición administrativa de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigos 10.1.b) e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa)».

Boiro, 25 de abril de 2024

José Ramón Romero García
Alcalde