DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27434

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público ordinaria para 2024.

En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante a Resolución da Alcaldía, do 5 de abril de 2024, aprobouse a oferta de emprego público ordinaria para 2024, que comprende a praza de persoal funcionario dotada no orzamento da Corporación, co seguinte detalle:

Núm.

vacantes

Denominación

Escala/subescala

Grupo

Tipo de persoal

1

Administrativo

Administración xeral/administrativa

C1

Funcionario de carreira

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso potestativo de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

Rábade, 5 de abril de 2024

Remedios González Cabarcos
Alcaldesa