DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública sobre a expropiación forzosa para dotar de rede de saneamento O Picouzo.

A Alcaldía deste concello, con data do 4 de xullo de 2023, ditou decreto polo que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución das obras necesarias para dotar de rede de saneamento O Picouzo, no concello do Porriño, que na súa parte dispositiva establece o seguinte:

Primeiro. Acordar a aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución das obras necesarias para dotar de rede de saneamento O Picouzo, no concello do Porriño.

Segundo. Someter o proxecto a exposición pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tiraxe da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos bens ou dereitos. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se xulguen afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas nas dependencias do Concello do Porriño, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para estes efectos, o proxecto estará exposto nas dependencias do Servizo de Urbanismo do Concello do Porriño, sito na rúa Antonio Palacios, número 1, O Porriño.

Para os efectos do recoñecemento da titularidade dos bens e dereitos afectados e do pagamento no seu momento do prezo xusto aprobado aos propietarios e titulares de dereitos, deberán achegar os documentos ou títulos xustificativos completados con certificación rexistral destes ou, de ser o caso, certificación negativa referida ao mesmo predio descrito nos títulos.

Terceiro. Notificarlles individualmente as taxacións aos que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación.

Cuarto. Publicar esta resolución coa relación de titulares, bens e dereitos afectados que constan no proxecto para que, conforme o establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sirva de notificación aos interesados que resulten descoñecidos, dos cales se ignore o lugar para a práctica da notificación ou ben porque, intentada a notificación, non se puidese efectuar.

A relación dos propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo que se achega.

Nº de orde

Datos do Catastro

Propietario/a

Superficies en m2

Polígono

Parcela

Ref. catastral

1

60

254

36039A060002540000DM

José Morais Rodríguez e Teresa Ferreira Carrera

151,76 m2 solo

54,22 m2 servidume

140 m2 ocupación temporal

2

60

261

36039A060002610000DD

Darío Vila Martínez

47,06 m2 servidume

120 m2 ocupación temporal

3

60

262

36039A060002620001FM

Paulino Bonavita Carrera e María del Carmen Roldán Castaño

4 m2 solo

84,34 m2 servidume

232 m2 ocupación temporal

O Porriño, 10 de abril de 2024

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde