DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27435

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Muxía (recadación executiva).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar 1 de abril de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«26. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Muxía (recadación executiva).

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Muxía en relación coa seguinte materia:

Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano.

2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O anterior faise público para xeral coñecemento.

A Coruña, 8 de abril de 2024

O presidente da Deputación Provincial
da Coruña
P.D. (Resolución 33475/2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado delegado de Persoal

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da Deputación Provincial da Coruña