DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27436

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios para Uso Doméstico de Vilaza

ANUNCIO da convocatoria de asemblea extraordinaria.

Eu, Alberto Vázquez Fernández, con DNI ***3776**, actuando en nome e representación da xestora da Comunidade de Usuarios de Augas para uso doméstico de Vilaza (Gondomar), por este anuncio convoco o vindeiro 26 de maio de 2024, no Centro Cultural de Vilaza, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, á asemblea extraordinaria conforme a seguinte orde do día e á aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación da acta da asemblea do 10 de marzo de 2024.

2. Aprobación da novación da concesión de auga.

3. Nomeamento da nova directiva ou aceptación de novas candidaturas e votacións.

4. Rogos e preguntas.

Gondomar, 10 de abril de 2024

Alberto Vázquez Fernández
Presidente en funcións da xestora da Comunidade de Usuarios de Augas
para uso doméstico de Vilaza