DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27077

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 17 de abril de 2024 pola que se modifica a autorización do centro privado Aloya, de Vigo.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Aloya, de Vigo, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Comercio internacional, ampliar de 20 a 30 postos escolares no CS Transporte e loxística e reducir de 30 a 20 postos escolares no CS Asistencia á dirección.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro para impartir o CS Comercio internacional, ampliar de 20 a 30 postos escolares no CS Transporte e loxística e reducir de 30 a 20 postos escolares no CS Asistencia á dirección. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Aloya.

Código: 36011622.

Enderezo: rúa do Couto núm. 2.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación Fontenova.

Composición resultante:

a) Réxime ordinario, modalidade presencial:

• CS Administración e finanzas (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• CS Asistencia á dirección (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• CS Comercio internacional (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Laboratorio clínico e biomédico (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• CS Educación infantil (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• CS Integración social (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• CS Marketing e publicidade (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• CS Transporte e loxística (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• Curso de especialización en cultivos celulares (1 unidade para 30 postos escolares).

b) Réxime de persoas adultas, modalidade semipresencial e a distancia:

• CS Educación infantil.

• CS Integración social.

• CS Marketing e publicidade.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se deba modificar calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional