DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 3 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Pena da Cabra e se cancela a garantía económica depositada por Greenalia Power, S.L. (actual Greenalia Wind Power, S.L.U.) para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (IN408A/2020/033).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 3 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Pena da Cabra e se cancela a garantía económica depositada por Greenalia Power, S.L. (actual Greenalia Wind Power, S.L.U.) para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte.

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan

A dita Resolución do 3 de abril de 2024 dispón o seguinte:

1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Pena da Cabra, sito nos concellos de Toques e Sobrado (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U., por mor da declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 16.1.2023.

2. Arquivar o expediente do parque eólico Pena da Cabra (expediente IN408A/2020/033).

3. Cancelar a garantía depositada o 22.6.2018, por importe de 252.000 € e número de rexistro 820/2018 para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Pena da Cabra.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución

1. O 22 de xuño de 2018, Greenalia Power, S.L. (actual Greenalia Wind Power, S.L.U.) depositou unha garantía económica por importe de 252.000 € e número de rexistro 820/2018, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Pena da Cabra.

2. O 17 de febreiro de 2020, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou telematicamente, a través do procedemento IN408A, a solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica para o proxecto denominado parque eólico Pena da Cabra, sito nos concellos de Toques e Sobrado (A Coruña), ao abeiro da Lei 8/2009, a cal foi admitida a trámite pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o 21 de outubro de 2020.

3. O 15 de febreiro de 2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental, no que se indica que as coordenadas dos 6 aeroxeradores (AE01 a AE06) cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no Plan sectorial eólico de Galicia (PSEGA) respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

4. Por Acordo do 7 de xullo de 2022, a Xefatura Territorial da Coruña someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto do parque eólico Pena da Cabra, nos concellos de Toques e Sobrado (A Coruña) (expediente IN408A 2020/33). O dito acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 17 de decembro de 2021 (DOG núm. 241).

5. Durante a tramitación do procedemento, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos: Axencia Galega de Infraestruturas, Deputación Provincial da Coruña, Retegal, Unión Fenosa Distribución, S.A., Cellnex Telecom, S.A., así como aos concellos de Toques e Sobrado.

6. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental ao cal o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Augas de Galicia, Axencia Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Instituto de Estudos do Territorio e do concello de Toques.

O 16 de xaneiro de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental (DIA) desfavorable relativa ao parque eólico Pena da Cabra, que fixo pública mediante o Anuncio do 17 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 14, do 20 de xaneiro).

7. O 9.5.2023, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou ante esta dirección xeral unha solicitude de arquivamento do expediente administrativo IN408A/2020/033 asociado ao proxecto do parque eólico Pena da Cabra, ante a imposibilidade de continuar coa súa tramitación e construción como consecuencia da DIA desfavorable, e de cancelación e devolución da garantía co número de rexistro 820/2018, por valor de 252.000 euros, mencionada no antecedente de feito primeiro.

8. O 3.7.2023, esta dirección xeral notificoulle ao promotor o inicio do procedemento de arquivamento do expediente, abrindo o trámite de audiencia do artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 abril de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais