DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Monte Liñares ou Pombal da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Liñares, no concello das Neves (expediente RE22003).

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao acordo acadado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 28 de febreiro de 2024, respecto á revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do Monte Veciñal denominado Monte Liñares ou Pombal da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Liñares, no concello das Neves (expediente RE22003).

O 6.12.2023 o Servizo de Montes desta xefatura territorial emite o seguinte informe:

«Feitos:

Primeiro. O 19.8.2022 a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Liñares solicita a revisión do esbozo do Monte Veciñal en Man Común (en diante, MVMC) Pombal. Consta no expediente:

– Memoria técnica da revisión parcial do esbozo do monte Pombal de agosto do 2022. Asinada pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 908 do COETFG.

– Certificado da secretaria coa conformidade do presidente da CMVMC de Liñares do 17.11.2023 da aprobación do esbozo na asemblea xeral do 1.4.2023.

– Cartografía en formato dixital.

Segundo a memoria técnica o esbozo do MVMC pola súa antigüidade non reúne as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas.

Realízase un levantamento topográfico (precisión centimétrica) en que se percorreu todo o perímetro con varios membros da xunta reitora da comunidade de montes, durante ese percorrido identificáronse muros e marcos que separan os doutras propiedades particulares e do MVMC de Tortoreos. A CMVMC de Liñares na memoria asinada por técnico forestal competente achega documentación suficiente que acredita a proposta da revisión do esbozo.

Segundo. A CMVMC de Liñares ten 3 MVMC clasificados. O obxecto da revisión do esbozo é o MVMC de Liñares co ID 2912 que segundo a CMVMC de Liñares tamén se denomina monte Pombal. Da superficie inicial clasificada de 19 ha foron expropiadas 16,50 ha para a Plataforma Loxística empresarial de Salvaterra-As Neves (en diante, PLIXAN) e quedaría inicialmente unha superficie de MVMC de 2,5 ha.

Segundo os datos do Sistema Rexistral Forestal non consta superficie de xestión pública e consta a expropiación do ano 2004 para a PLIXAN.

A superficie e lindeiros segundo a revisión do esbozo achegada e o indicado na memoria técnica é a seguinte:

Monte: Liñares ou Pombal.

Superficie: 8,83 ha.

Perímetro: 1.9 km.

Linde norte: Manuel Bouza Estévez, Elisa Francisco Francisco, Aurelia Alonso Rodríguez, Amador Rodríguez Alonso, Benito Alonso Soto, Alcira Domínguez Alonso, María Rodríguez Couto, José M. Gil Gil, Julia Alonso Estévez, Manuel Araujo Estévez, Áridos Chan Salgosa, S.L., Carmen Álvarez Alonso, José Avalle Durán, María Souto Lira, Benito Rocha Rodríguez, Manuel Bouza Estévez, Elisa Francisco Francisco, Aurelia Alonso Rodríguez, Alcira Domínguez Alonso e outros propietarios particulares.

Linde sur: autoridade portuaria de Vigo.

Linde leste: CMVMC de Tortoreos, Amador Ubeira Rodríguez, Josefa Lira Alonso, María Ángeles Rodríguez, María Álvarez Rocha, Aurelia Soto Avalle, María Elena Avalle Rodríguez, Casimiro Avalle Álvarez, Julio Rodríguez Antes e outros particulares.

Linde oeste: autoridade portuaria de Vigo.

Terceiro. O 30.11.2022, o Xurado de MVMC de Pontevedra acorda solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Liñares (As Neves), expediente RE22003, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño de 2012, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

1. Os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión total ou parcial, axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no rexistro da propiedade.

2. Para estes efectos, o xurado provincial de montes veciñais en man común, de oficio ou por instancia de parte, poderá solicitar á Administración forestal unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal en man común. Na proposta non poderán incluírse parcelas que figuren inmatriculadas no rexistro da propiedade a favor de persoas físicas ou xurídicas distintas á comunidade veciñal de montes.

3. Unha vez aceptada a proposta polo xurado, poñerase en coñecemento da comunidade propietaria e publicarase no Diario Oficial de Galicia para o resto de posibles interesados.

4. Aceptada a revisión, poderase proceder á marcaxe dos montes veciñais, que en todo caso se axustará ao plano que resulte da dita revisión. A marcaxe poderá ser realizada de oficio pola propia Administración forestal ou por instancia das comunidades propietarias.

5. Se durante a revisión ou a marcaxe se suscitan cuestións relativas á propiedade, poñerase fin ao procedemento, dentro do perímetro cuestionado, sen máis trámites. Este acordo de finalización e arquivamento parcial do procedemento non será susceptible de impugnación na vía administrativa, sen prexuízo da facultade dos interesados de acudiren á vía xurisdicional civil, por ser esta a competente para dirimir tal controversia.

Segunda. A revisión do esbozo do monte Liñares ou Pombal proposta polo Servizo de Montes é a presentada pola CMVMC de Liñares e queda definido consonte os datos reflectidos no feito segundo, e a documentación achegada».

Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal denominado Monte Liñares ou Pombal, e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este Xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar a revisión do esbozo do monte veciñal denominado Monte Liñares ou Pombal clasificado a prol da CMVMC de Liñares (As Neves), segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por este.

Pontevedra, 19 de abril de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra