DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26531

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación ás persoas titulares das parcelas coas referencias catastrais que se relacionan a seguir, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a comunicación de xestión da biomasa na cal se indica que dispoñen ata o 31 de maio para o cumprimento voluntario da súa obriga para xestionar a biomasa na parcela citada, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como a retirada de especies arbóreas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do anuncio pertinente no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das ditas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, sito no 2º andar do edificio do Concello na praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

2024/I004/000015

15036A029005580000YH

Pardiñeiras (Limodre-Fene)

Fene, 4 de abril de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde