DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26530

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre a formalización do convenio urbanístico de planeamento que se negociou e se asinou coa familia Ramallal, para a adquisición por este concello duns terreos co fin de executar a construción dun paseo fluvial no río Trabe.

Tendo en conta o Auto do 19 de febreiro de 2024, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, en que acordou despachar a execución da Sentenza do 20 de decembro de 2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sométese o convenio urbanístico ao trámite de información pública polo prazo dun mes, coa publicación de anuncios para tal fin no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e no portal da transparencia municipal, para que calquera persoa interesada poida examinar o convenio urbanístico e formular as alegacións que procedan.

Durante o prazo que se cita, que conta desde o día seguinte ao da última publicación que se realice, poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na casa do concello, situada na rúa do Concello, número 12, Culleredo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para a súa consulta e para achegar cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.

Culleredo, 15 de marzo de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023; BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Iglesias Becerra
Concelleira delegada da Área de Urbanismo